Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Os GALP de España defenden en Madrid e no Senado a continuidade do Desenvolvemento Local Participativo nas zonas pesqueiras

Carriola.GALP.12.06.26

julio@carriola.es  

Unha delegación dos Grupos de Acción Local Pesqueira reúnese con oito grupos parlamentarios para trasladar a posición común das entidades ante a proposta da Comisión Europea para o marco financeiro 2028-2034

Unha delegación dos Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP) de España, entre eles representantes dos GALP galegos, desprazouse onte a Madrid para manter unha rolda de reunións cos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados e do Senado, co obxectivo de defender a continuidade e a identidade propia do Desenvolvemento Local Participativo (DLP) nas zonas pesqueiras ante a proposta da Comisión Europea para o Marco Financeiro Plurianual 2028-2034.

A delegación, formada por representantes dos GALP de Galicia, Comunidade Valenciana, Cataluña, Andalucía e Canarias, mantivo reunións con VOX e Coalición Canaria no Congreso, e cos grupos parlamentarios da Izquierda Confederal, Junts per Catalunya, Compromís, ERC, EH Bildu, PNV, PP e PSC-PSOE no Senado. Os GALP, presentes en 44 zonas costeiras do Estado, representan unha rede de máis de 1.200 entidades públicas, pesqueiras, empresariais e sociais, vinculadas a 11,5 millóns de cidadáns con relación directa co mar.

O motivo da xornada é a estratexia de incidencia política que os GALP despregaron nos últimos meses ante a proposta que formula un novo marco financeiro para o período 2028-2034 e que suporía un recorte para os fondos de pesca superior ao 66 %. A delegación considera que esta proposta pon en risco a continuidade e a especificidade do DLP pesqueiro, un instrumento que durante o período FEMP 2014-2020 impulsou en España 2.645 proxectos, cun investimento superior a 170 millóns de euros e un 96 % de execución dos fondos, a máis alta de todas as liñas do FEMP no territorio español.

A delegación valorou de maneira positiva o ton dos encontros mantidos: tanto os deputados do Congreso como os senadores recibiron á delegación de forma receptiva e amosaron sensibilidade cara ás peticións trasladadas, especialmente no relativo á defensa da identidade propia dos fondos pesqueiros e ao peso específico das comunidades costeiras na arquitectura do novo marco financeiro.

Seis prioridades para o marco 2028-2034

Durante os encontros, a delegación trasladou as seis prioridades consensuadas polo conxunto dos GALP estatais: garantir a continuidade do DLP pesqueiro; asegurar un financiamento suficiente; preservar a especificidade do desenvolvemento local nas zonas pesqueiras fronte ao modelo rural (LEADER); simplificar a xestión dos fondos europeos; reforzar a participación dos territorios costeiros na toma de decisións; e manter e reforzar o status diferenciado das rexións ultraperiféricas.

Esta visita a Madrid enmárcase dentro dunha estratexia de incidencia máis ampla que os GALP desenvolveron desde outubro de 2025: o Manifesto nacional asinado polo conxunto dos GALP estatais o 10 de decembro de 2025, a reunión co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 4 de febreiro, a visita institucional ao Parlamento Europeo os días 18 e 19 de marzo, a sesión plenaria da rede en L'Escala (19-21 de maio) e o seminario FAMENET celebrado en Estonia (2-4 de xuño).

Próximos pasos: reunión co ministro e interlocución institucional

Como continuación da xornada, os GALP solicitaron formalmente unha reunión co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Sr. Luis Planas, para trasladarlle persoalmente a posición común do conxunto dos GALP estatais e analizar conxuntamente o futuro do DLP no marco do FEMPA 2028-2034. A delegación tamén prevé reunirse nos próximos meses con diversos actores políticos e institucionais, tanto a escala estatal como europea e autonómica, para seguir reforzando a rede de alianzas en defensa do modelo.

Comunidades costeiras con identidade propia

Os GALP insisten na necesidade de diferenciar o apoio ao desenvolvemento local nas zonas pesqueiras do destinado ás zonas rurais (LEADER), dado que as realidades e prioridades son moi distintas. Nas comunidades costeiras non existe un problema de despoboamento, senón, pola contra, unha crecente competencia entre sectores económicos emerxentes sobre o medio no que estas comunidades desenvolveron a súa actividade tradicional, sometida a unha regulación e limitación de usos cada vez máis estrita.

A delegación concluíu a xornada co compromiso de elaborar unha valoración detallada do retorno de cada reunión, en liña coa estratexia de seguimento estruturado acordada na rede estatal de GALP.

roslev