Carriola.Anpa Eidón.12.06.26
Chega o remate do curso e con el o último mercado3r deste ciclo. A edicion deste sábado 13 de xuño será a ultima organizada pola Anpa Aidón do Ceip Sequelo. Despois de 12 edicións pasarán o testemuño a Anpa Abelendos do Ceip de Seixo que continuara coa actividade o vindeiro curso escolar que comenzará en setembro, anunciando cambios de formato e algunhas sorpresas.

O Ceip Sequelo deixa nas suas mans unha semente prantada e enraizada a que soamente lle queda medrar para dar acubillo a todos os que teñan inquietudes no eido da reutilizacion, reduccion de desperdicio e consumo sostible.
Neste último ano pasaron polas diferentes edicions do mercado uns sesenta vendedores diferentes dos que mais de cincuenta eran parte dunha rapazada cada vez mais concienciada co medio ambiente grazas a esta actividade.
A Anpa Aidon non fai balance deste ano en números nin en ganancias monetarias, (inda que a actividade si que deu pulo a financiación das actividades dos escolares), se non na aprendizaxe que levaron, non soamente no evidente impacto medioambiental se non a nivel persoal nos avances que adquiriu a rapazada na xestion dos cartos, a capacidade de aforro e traballo,: O aprender a desprenderse de cousas que non utilizan e dar valor as mesmas; A capacidade de defender un posto e dirixirse aos clientes; As posibilidades de convivencia nas mañás dos sábados... Un sin fin de beneficios os que non se lles pode poñer prezo.
Foi un ano intenso polo traballo e fructifero polos resultados.
Rematan asi o seu ciclo, confiados en que co cambio que se aveciña nas mans da Anpa de Seixo o proxecto que xa se fixo oco en Marín, continuará a medrar.
Soamente queda agradecer a confianza posta no proxecto a todolos participantes e convidar a toda a veciñanza a acudir este sábado o Parque Eguren de 11 a 13:30 para descubrir todalas cousas que levan para que as poidades rescatar.