Carriola.Redacción.09.06.26

O club de remo “Ría de Marín” organiza o seu tradicional curso de verán, deseñado específicamente para mozos e mozas de entre 8 e 16 anos que queiran desfrutar do mar e probar o remo durante as vacacións estivais.
A actividade estenderase dende o 20 de xullo ata o 20 de agosto, cun formato intensivo de catro días por semana: os luns, martes, mércores e xoves, impartido en horario de mañá, concretamente de 10:00 a 12:30 horas, facilitando así a conciliación familiar e o aproveitamento das mellores horas do día para a práctica ao aire libre.
Sin experiencia necesaria

O curso está pensado para que calquera mozo/a poida sumarse, polo que non é necesaria ningunha experiencia previa. Os únicos dous requisitos imprescindibles para poder inscribirse son saber nadar correctamente e ter moitas ganas de probar a experiencia.
A actividade desenvolverase nas instalacións do club, situadas detrás do centro de Formación a Aixola; e o acceso ao recinto realizarase polo Parque Azul. Trátase dunha oportunidade única para achegarse a este deporte dun xeito lúdico, que ademáis busca fomentar o compañeirismo, os hábitos saudables e o respecto polo medio mariño entre as novas xeracións a través dun lecer activo e de calidade.
Para máis información poden contactar co club a través das súas redes sociais, da conta de correo clubederemoriademarin@gmail.com ou no teléfono 669957267.