Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O proxecto “Mar e Rías Pesca & Turismo” preséntase en Estonia, no seminario europeo de FAMENET, como exemplo de cooperación nacional

Carriola.GALP.13.06.26

julio@carriola.es  

O proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo foi presentado a semana pasada no seminario europeo de FAMENET sobre innovación e cooperación, celebrado en Pärnu (Estonia), como exemplo de cooperación entre Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Galegos.

A presentación tivo lugar durante unha das sesións dedicadas ás experiencias de cooperación entre territorios, na que se expuxeron iniciativas procedentes de distintos países europeos. Neste contexto, Mar e Rías Pesca & Turismo foi exposto como caso práctico para mostrar o potencial da colaboración entre grupos na creación de proxectos conxuntos orientados á diversificación económica das zonas costeiras e á posta en valor do patrimonio mariñeiro.

Durante a intervención déronse a coñecer os obxectivos da iniciativa, baseada na promoción do turismo pesqueiro como ferramenta para achegar a actividade profesional do mar á sociedade, así como os principais resultados acadados ata o momento grazas á participación dos oito GALP galegos (GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Ría de Pontevedra, GALP Costa da Morte, GALP Ría de Vigo-A Guarda, GALP A Mariña-Ortegal, GALP Seo de Fisterra e GALP Ría de Arousa).

O encontro reuniu representantes de administracións, grupos de acción local, entidades do sector pesqueiro e expertos en desenvolvemento local procedentes de diferentes países europeos, converténdose nun espazo de intercambio de experiencias e boas prácticas arredor da cooperación e a innovación nos territorios costeiros.

A participación neste seminario permitiu dar visibilidade ao traballo que se está desenvolvendo en Galicia no ámbito do turismo mariñeiro e pesca turismo, e compartir unha experiencia de cooperación que está contribuíndo a reforzar a promoción do patrimonio pesqueiro, a identidade dos territorios costeiros e a xeración de novas oportunidades vinculadas á economía azul.

Durante o encontro tamén se anunciou a celebración do Congreso Internacional de Pesca Turismo, que terá lugar os días 15 e 16 de outubro en Sanxenxo, unha cita que reunirá profesionais, entidades e expertos de diferentes países para analizar o presente e o futuro do turismo pesqueiro e mariñeiro.

Mar e Rías Pesca & Turismo continúa avanzando como unha iniciativa na cooperación entre territorios pesqueiros, demostrando o valor do traballo conxunto para impulsar proxectos innovadores que contribúan ao desenvolvemento sostible das comunidades costeiras.

roslev