Carriola.Redacción.28.06.26
O Paseo Marítimo acolleu onte a derradeira xornada do “Festival do Cine do mar”, que organizou o Museo do Mar de Marín quedando para esta data a concentración de embarcacións tradicionais e a homenaxe á xente do mar .

Ofrenda floral ane a placa de homenaxe aos mariñeiros falecidos
O coro de Moraña puxo principio ao acto da homenaxe á xente do mar que consistiu na lectura dunha semblanza na que o penente fixo referencia a todos os mariñeiros aludindo a calquiera forma de traballar nos oficios do mar, desde os pescadores ata os mariñeiros militares pasando polo continxente dos que traballan nos barcos mercantes, pero tamèn fixo referencia a quen traballa en terra nos oficios relacionados co mar igualmente, fixándose nas mulleres que históricamente foron chaboleiras, redeiras, carrexadoras ou vendedoras de peixe nos mercados.
No discurso fixo referencia aos homenaxeados ese ano, Esther Iglesias e o seu esposo, Daniel Troitiño, comercializadores do peixe, e Antonio Rosario, mariñeiro de 90 anos, todos eles presentes no acto no que recibiron os obsequios do Museo do Mar e do Concello como recordo deste día.

Tamén interviu a alcaldesa María Ramallo que felicitou aos homenaxeados e lembrou a os traballadores do mar e da xente do mar que traballa en terra e animou ao Museo do Mar a continuar no camiño de exaltar os merecementos de todos eles.

Durante o acto actuou o coro de Moraña baixo a dirección de Sofía Taboada que interpretou varias pezas de musica coral e o Himno Galego no momento de ser depositada a ofrenda floral ao pe da gran placa de recordo a todos os mariñeiros falecidos no mar.
Embarcacións tradicionais

Jl.G.P.
Durante a mañán, coa aportación da asociación cultural “Ronsel”, varias embarcacións tradicionais estiveron navegando polo entorno do paseo Blanco Solla ofrecendo unha estampa estética á celebración e a posibilidade de participación as persoas que quixeron embarcar nelas.