Carriola.Redacción.01.07.26
A Asociación Almuinha que tiña sinalada a celebración do “Roteiro polos Muíños do Río Loira” para o día 6 deste mes, tomou a decisión de pospoñelo para finais de agosto, segundo unha nota remitida a Carriola na tarde de onte onde manifestan que “Dada a situación de alerta vermella prórrogable por altas temperaturas adiamos o roteiro para maior seguridade de todas as persoas participantes. Desde a Asociación cultural Almuinha pedimos desculpas diante dunha situación na que non podemos controlar todos os elementos.
Este roteiro continúa en pé, de xeito que queda adiado para o domingo 30 de agosto cando, xa unha maior suavidade das temperaturas, permita facelo de forma segura para todas”.