Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Onte en Seixo non había ningún médico pasando consulta tras 37 días sen cubrir a baixa dunha das dúas facultativas

Carriola.Iria Aboi Ferradás.08.07.26

Desde a Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, queremos informar que ese martes, en Seixo, non hai ningún persoal médico pasando consulta, cando se cumprían 37 días sen que a Xunta cubrise a baixa dunha das dúas facultativas nin movese un dedo para evitar esta situación. As cuestións urxentes atenderanse no Centro de Saúde de Marín.  

Iria Aboi Ferradás 

Levamos semanas denunciando que a Xunta tiña sen cubrir a baixa da Dra Gabriela C. Fernández Berardi (cupo de mar) dende o 1 de xuño. Dende o momento no que se produciu a baixa, a Dra María Luz López Blanco (cupo terra) asumiu os casos máis urxentes e receitas do outro, pero a lista de agarda non fixo máis que medrar a pesar de consultar arredor de 50 pacientes diarios.

Apesar dos esforzos do persoal que temos no Centro de Saúde por atender as necesidades da veciñanza, a preocupación estendeuse ante a posibilidade de que lle pasase algo á médica en activo ou que tivese vacacións , ata que o, martes 7, encontrámonos sen médica no noso centro porque a Dra. Luz está mal e non puido ir traballar. As cuestión urxentes deriváronse ao C. de Saúde de Marín, pero houbo que descitar aos pacientes con consulta, o que é un sobreesforzo para a celadora que fai funcións administrativas.

Todo isto levamos tempo advertíndoo e sábeno na Dirección da Área Sanitaria. A cobertura de Centros de Saúde coma o noso debera estar perfectamente planificada para non repercutir este problema no sobreesforzo dos profesionais que traballan nel e na saúde das e dos pacientes pero, como é habitual, preferiron actuar con soberbia, sen escoitar e sen mover un dedo para evitar esta situación.

Dende a xerencia do Sr Flores ao Conselleiro Caamaño son responsables. Os anuncios e a propaganda non tapan a mala xestión. Que fagan o seu traballo para que a veciñanza non teñamos que sufrir a súa incompetencia cada día e lembramos que estamos a preparar accións de protesta porque non imos calar ante o deterioro da sanidade de todas e todos.

Iria Aboi Ferradás é a portavoz da Plataforma de Sanidade de Seixo

roslev