Carriola.EdM.10.07.26
O CCA Estrela de Marín impulsa a “Noite Estrela”, unha gran xornada de promocións, puntos dobres e dinamización comercial
O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín celebrará maña venres 10 de xullo unha nova edición da Noite Estrela, unha das accións máis destacadas da campaña “Vive un Verán Estrela”, coa que se busca dinamizar o comercio local, atraer clientela ás rúas comerciais e ofrecer unha experiencia de compra diferente nun ambiente festivo e de verán.
Durante esa xornada, os establecementos participantes permanecerán abertos ata a medianoite, ampliando o seu horario habitual e ofrecendo á clientela unha oportunidade especial para mercar no comercio local con máis tempo, máis ambiente e máis incentivos.
A Noite Estrela contará con promocións e descontos especiais, que poderán consultarse previamente no apartado de Promocións da APP Comercio de Marín, unha ferramenta que permitirá á clientela coñecer os establecementos participantes e as ofertas activas durante esa noite.
Puntos dobres
Ademais, todas as compras realizadas entre as 20.00 e as 00.00 horas duplicarán os puntos no club de fidelización, de maneira que as persoas usuarias poderán seguir acumulando vantaxes e canxealos posteriormente polos regalos promocionais da campaña Vive un Verán Estrela.
A iniciativa completarase cun ambiente animado nas rúas comerciais, acompañado de música na rúa, reforzando así o carácter festivo dunha acción que combina promoción comercial, fidelización e visibilidade para os negocios participantes.
Esta proposta busca “encher de vida as rúas comerciais, incentivar as compras no comercio de proximidade e ofrecer unha experiencia atractiva tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes, aproveitando unha data sinalada do verán para reforzar a conexión entre comercio, ambiente e participación”.
A Noite Estrela enmárcase dentro da campaña Vive un Verán Estrela, coa que o CCA Estrela de Marín está a desenvolver diferentes accións de dinamización comercial, animación de rúa e fidelización da clientela durante a tempada estival, contando coa cofinanciación da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Marín.
Con esta proposta, Marín prepárase para vivir unha noite especial na que o comercio local tamén terá o seu protagonismo.