Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

As adegas do Morrazo mostran a partir de hoxe e ata o domingo os viños da nosa zona na Alameda Rosalía de Castro

Carriola.Redacción.10.07.26 

Xa é un clásico no programa das festas do Carmen de Marín a celebración da Festa dos viños da “IXP Ribeiras do Morrazo” que fai desde hoxe e ata o domingo a súa quinta edición apoiada no èxito das anteriores celebradas no mesmo recinto da alameda marinense

Serán nesta ocasión tres das seis adegas acollidas na IXP as que ofrezan os seus caldos nas instalacións ubicadas na mesma alameda e a elas engádese, coma todos os anos a firma “Rosa de los Vientos” ubicada no porto marinense e especilizada na preparación do polbo  en distintas especialidades que maridan perfectamente con todos os viños que durnte este fin de semana ofrécense nesta festa marinense.

No acto de presentación deste feira, interviron os representantes das adegas que participan xunto co concelleiro de Rural marinense, Pablo Novas para destacar a importancia que ten para o colectivo vitivinícola da zona este tipo de mostras para o coñocemento do gran público dos viños morracenses.

Fina Cabaleiro, da adega de Ardán, manifestou no nome dos participantes o agradecemento ao Concello que facilita a celebración desta festa do viño durante os festexos do Carme e fixo alusión a conveniencia de que outros concellos apoien de semellante xeito esta exposición dos viños do Morrazo. Anunciou a presencia das bodegas “Areeiros” e “Reboraina” que xunto con “Rosa de los Vientos” compoñen nesta ocasión a oferta desexando que no futuro sexan máis adegas e máis concellos os que se animen a apoiar a iniciativa.

Pola súa parte, Guillermo Martinez, de “Areeiros”, anunciou que ás seis adegas dos concellos do Morrazo, Redondela, Pontevedra e Poio,  engadiranse próximamente outrada zona de Cerdedo Cotobade e fixo votos porque todos se poñan a favor de promocionar os viños que taballan en cada caso coa participación nestes encontros de cara ao público dando a coñecer a calidade dos dos nosos viños.

Tamén interviu o representante de “Rosa de los Vientos”,

Miguel Otero, quen se congratulou da celebración desta quinta vez da festa dos viños do Morrazo e asegurou que, “Rosa de los Vientos vai a aportar un ano máis a parte gastronómica a base dun bo polbo que tan ben se acompañan na nosa terra, preparado de distintas maneiras”.

Finalmente, o represenante municipal,

Pablo Novas, concelleiro do Rural destacou o lugar onde se facía a presentación “Un sitio emblemático para nos como é a Adega de Ardán”, e saudou as otras “Reboraina” de Redondela e “Areeiros” de Vilaboa y asegurou “Desde o Concello queremos seguir impulsando esta festa orque  este é un sector moi importante para o rural, para o Morrazo na que o viño das adegas pode representar un impulso importante na comarca”. Reirterou o apoio ás bodegas participantes e fixo u chamanento as outras firmas que forman a IXP para que participen e consoliden este evento como un fito importante dentro das festas de Marín.

roslev