Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Stock Marín” pecha unha das súas edicións máis exitosas cun volume de facturación próximo aos 125.000 euros

Carriola.Jonathan Carreira(*) .04.08.26 

Desde o CCA Estrela de Marín podemos facer unha valoración moi positiva da nova edición do Stock Marín, celebrada este fin de semana na Alameda de Marín, que se consolida como unha das grandes citas comerciais do verán na vila.

Unha vez recibidas as enquisas realizadas aos establecementos participantes, a valoración é moi satisfactoria, xa que a totalidade dos comercios amosaron a súa satisfacción co volume de facturación acadado durante os tres días de evento. En conxunto, estímase que o Stock Marín xerou un movemento económico de arredor de 125.000 euros, unha cifra que confirma a capacidade desta campaña para dinamizar o comercio local, atraer público á Alameda e favorecer as compras de proximidade.

A alta afluencia de persoas durante toda a fin de semana, especialmente nos momentos centrais da programación, contribuíu a crear un ambiente comercial moi positivo e a reforzar o papel do Stock Marín como escaparate conxunto do tecido comercial da vila.

As accións complementarias, claves no éxito da edición

Debemos salientar tamén o bo funcionamento das actividades complementarias programadas nesta edición, que contribuíron a mellorar a experiencia de compra e a incrementar a participación cidadá.

Un dos grandes atractivos foi a campaña COM-PENSA, impulsada pola Xunta de Galicia, coa entrega de 1.000 bolsas reutilizables por compras superiores a 10 euros. A acollida foi extraordinaria, ata o punto de que as bolsas se esgotaron xa durante a xornada do venres, evidenciando o interese das persoas consumidoras por esta iniciativa vinculada ao consumo responsable e ao comercio de proximidade.

Tamén tivo unha excelente resposta o

reparto de palomitas polas compras, celebrado o sábado pola tarde, no que se entregaron 149 cucuruchos en 127 minutos, converténdose nunha actividade moi ben recibida polo público familiar e contribuíndo a xerar ambiente na Alameda.

Como broche final, o domingo celebrouse o sorteo presencial de 700 euros, que congregou a centos de persoas na Alameda. A gañadora foi 

Pilar Vázquez, veciña da vila, por unha compra realizada en Toscana Store. A gran participación no sorteo confirmou o alto grao de implicación da clientela e o atractivo desta acción como incentivo á compra no comercio local.

Agradecemento ás colaboracións

O CCA Estrela de Marín quere agradecer a implicación dos 21 establecementos participantes, así como a confianza de todas as persoas que se achegaron ao Stock Marín durante os tres días da campaña.

A asociación traslada tamén o seu agradecemento á Xunta de Galicia polo seu apoio e cofinanciamento, ao Concello de Marín pola súa colaboración, e a todas as persoas, entidades e profesionais que fixeron posible o desenvolvemento desta edición.

Finalmente destacaremos que “os datos desta edición demostran que cando o comercio local sae á rúa cunha proposta atractiva, coordinada e acompañada de accións de dinamización, a resposta da cidadanía é moi positiva”. Nese sentido, o CCA continuará traballando en campañas que contribúan a fortalecer o comercio de proximidade, dinamizar as rúas e poñer en valor o papel dos establecementos locais na vida económica e social de Marín.

Próxima campaña

A primeiros do mes de setembro, levaremos a cabo a acción de dinamización comercial “A Volta ao Cole Estrela”, que rematará cunha gran festa infantil o venres 11 de setembro en horario de tarde. En vindeiras datas, explicaranse todos os detalles sobre esta campaña.

(*)Yonathan Carreira Figueiras, Director Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín

roslev