Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Venres celébrase no novo auditorio o tradicional “Festival do Kilo” que cumple cuarenta anos

Carriola.CdM.06.08.26 

Coarenta anos seguidos coa solidariedade por bandeira: este venres celébrase o Festival do Kilo no Auditorio, evento, que será de entrada libre a partir das 20.30, con inicio ás 21.00, pra o que  require a voluntade de aportar alimentos non perecedoiros para colaborar co Comedor Benéfico de Marín, xestionado polo Voluntariado da Caridade

Na mañá de onte , o Comedor Social de Marín acolleu a presentación do XL Festival do Kilo, a actividade solidaria por excelencia do noso verán e que servirá para recoller alimentos para esta institución social, que é todo un exemplo na súa forma de traballar de de dar asistencia social. O acto contou coa presencia da alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira, Marián Sanmartín, xunto coas voluntarias do comedor.

Horario e actuacións

A cita será o venres 7 de agosto ás 21.00 horas no Auditorio, con apertura de portas media hora antes e entrada libre ate completar afoto. Participarán Antonio Peixoto, Manuel Somoza, Antonio Fernández, Candela, José Manuel Couñago, Ecos de Marín, a Banda de Música de Marín, Canteir@s de Marón e a gran artista da noite, a cantante de ópera cubana Betsy.

Aportacións de alimentos

Aínda que calquer tipo de alimento non perecedoiro é ben recibido, sobre todo precisan aceite, leite, arroz e pasta. Ademais, no transcurso do festival procederase ao sorteo dun cadro do pintor marinense Antón Sobral, que estará para entregar a obra á persoa agraciada.

A presidenta do Comedor, 

María del Carmen Dapena, explicou que neste momento estanse a despachar entre 85 e 90 servizos de comida cada día, engadindo a aquelas familias que levan os seus tuppers para alimentar na casa aos nenos da familia.

Tamén quixeron destacar o bo ambiente que hai no Comedor e a importancia da aportación das persoas desinteresadas, pero sobre todo das institucións, para sufragar os custos da instalación.

De feito, a alcaldesa quixo recalcar que as axudas para esta asistencia social quedan curtas ao lado “do inmenso traballo que fan día a día as voluntarias deste comedor, sen as que non sería posible facer esta cobrtura social que, desgrazadamente, moita xente necesita”.

roslev