Carriola.Redacción.07.08.26
A Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín (MAC MARÍN) presentou onte a programación da súa quinta edición nun acto celebrado no Museo Manuel Torres, no que tamén se anunciou un dos fitos importantes acadados pola organización do festival: a súa incorporación á marca Rías Baixas Film Fest, converténdose así nun dos sete festivais audiovisuais de referencia da provincia de Pontevedra que integran esta rede promovida pola Deputación de Pontevedra.
O acto no que se indicou que AMAC MARÍN incorpórase á marca Rías Baixas Film Fest e convértese nun dos sete festivais audiovisuais de referencia da provincia de Pontevedra, contou coa participación do director do festival,

Dani Antelo, acompañado por parte do equipo de produción, o xurado desta edición —integrado pola actriz Uxía Blanco, o director Severiano Casalderrey e o escritor Adolfo Caamaño xunto coa concelleira de Cultura do Concello de Marín, Itziar Álvarez.
Do 18 ao 22 de agosto, Marín volverá convertersenun punto de encontro para o audiovisual cun festival que continúa medrando en contidos, participación e proxección internacional. Ao longo de cinco días, a MAC MARÍN ofrecerá unha programación heteroxénea e multidisciplinar que combinará cinema, series, ficción sonora, encontros profesionais, formación, divulgación e actividades para todos os públicos.
Un dos grandes atractivos desta edición será a área profesional de mercado e produción, concibida como un foro de encontro entre cineastas, produtoras, distribuidoras, institucións e espazos de rodaxe. Neste contexto, o delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo presentará o Hub Audiovisual de Vigo, unha iniciativa estratéxica chamada a converterse nun dos principais motores do sector audiovisual galego. A súa presenza no MAC MARÍN permitirá achegar este proxecto a profesionais, estudantes e creadores emerxentes, favorecendo a creación de sinerxías, a captación de novas producións e a conexión entre o ámbito formativo e a industria audiovisual.
O talento marinense preente na mostra
Outro dos sinais de identidade desta quinta edición será a destacada presenza do talento marinense. Ata catro obras de cineastas da vila formarán parte da programación oficial: as longametraxes As liñas descontinuas, de Anxos Fazánse Así chegou a noite, de Ángel Santos; as curtas Cousa Mala de Gero Costas e Furancho Bota Viño creada por Elena Gallego e Mayka Braña.Cada unha delas contará cunha proxección específica ao longo do festival, remarcando o rol da MAC MARÍN como espazo visibilizador dacreación audiovisual local.
Á selección de longametraxes súmanse tamén o documental Serê Kaniyê,do realizador galego Olmo Couto, e Fomos Ficando Sós, de Adrián Canoura,e Aunque seamos islas, da
realizadoraasturiana Cristina Ridríguez, ampliando o catálogoda sección Filmes Atlánticos.
Actividades complementarias
A programación completarase con charlas e encontros protagonizados polos creadores de contido Rogelio Santos Queiruga, Nuska Chousae Iván Pérez, de Savia Nova, que compartirán co público, unha vez máis,a súa experiencia nos ámbitos da divulgación e a creación de contidos, así comounha sesión infantil adicada aos máis pequenoscunha selecciónde producciónsanimadas e de imaxe real.

Compoñetes da mesa de presentación do festival
Entre outrosobxectivos acadados nesta edición destaca o importante crecemento da sección Cinema Xove, que contou cunha destacable participación de escolas de cinema e facultades de comunicación de Galicia e de diferentes países. A estefito súmase o éxito da recentemente creada sección de Ficción Sonora, que xa se converteu na terceira categoría con maior número de obras inscritas, cunha participación de produciónsprovinte,a maior parte delas,do circuitoAudio Fiction World Cup, que xunto ás participantes docircuitoWeb Series World Cup,forman parteda secciónNovos Medios do festival.
O programa completo pódeseconsultare descargarse na páxina web www.mac-marin.com, así como a través do perfil oficial de Instagram @_macmarin_, onde tamén se irán anunciando todas as novidades desta quinta edición;entre elas, toda aselección oficial das diferentes seccións e categorías, quedarase a coñecer progresivamente ao longo desta fin de semana a través das canles oficiais do festival.
A maior parte das actividades e proxeccións serán de acceso gratuíto.
Os pases especiais e determinadas actividades como o obradoirocon Nuska Chousaterán un prezo de entre 5 e6 euros.
As entradas estarán dispoñibles na páxina web do festival a partir deste luns e poderán adquirirse tanto de forma individual como mediante bonos, cun prezo máis vantaxoso.
No caso das proxeccións nocturnas, programadas a partir das 21.00 horasnos distintos espazos habilitados; Finca de Briz, Parque Azul, Auditorio Municipal e Hotel Villa de Marín,tamén será posible adquirir as entradas directamente na taquilla ata quince minutos antes do inicio de cada sesión.
Para calquera consulta ou información adicional pódese contactar coa organización a través do correo electrónico info@mac-marin.com.
CADRO COMPLETO DE ACTIVIDADES
MARTES · 18 de agosto
|
* Pola MAÑÁ Hora |
Lugar |
Actividade |
|
10:30 h |
Museo Manuel Torres |
Charla inaugural · Presente e futuro do MAC MARÍN – Marín de Cine Club Audiovisual |
|
11:00 h |
Museo Manuel Torres |
Joel Bassaget · Circuito Internacional de Webseries |
|
12:00 h |
Museo Manuel Torres |
Independent Production Fund (IPF) · Financiando Webseries |
|
12:30 h |
Museo Manuel Torres |
Hub Audiovisual de Vigo · David Regades (Delegado Especial do Estado – Consorcio Zona Franca de Vigo) |
|
* Pola TARDE Hora |
Lugar |
Actividade |
|
17:00 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Proxección de Webseries |
|
19:00 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Proxección Cinema Xove |
MÉRCORES · 19 de agosto
|
* Pola MAÑÁ Hora |
Lugar |
Actividade |
|
10:30 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Exposición LUMES |
|
11:00 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Proxección Galicia Non Arde |
|
11:30 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Savia Nova · Iván Pérez |
|
12:00 h |
Ateneo Santa Cecilia |
DATADISTA · Xornalismo de Datos |
|
* Pola TARDE Hora |
Lugar |
Actividade |
|
17:00 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Proxección de Webseries |
|
19:00 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Proxección Atlánticas |
|
20:00 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Proxección Outras Miradas |
XOVES · 20 de agosto
|
* Pola MAÑÁ Hora |
Lugar |
Actividade |
|
11:00 h |
Museo Manuel Torres |
Intelixencia Artificial: a favor ou en contra? · Mateo Prio |
|
12:00 h |
Museo Manuel Torres |
Obradoiro O Coidado da Horta · Nuska Chousa |
|
13:30 h |
Museo Manuel Torres |
Charla Territorio · Leonor de la Puente |
|
* Pola TARDE Hora |
Lugar |
Actividade |
|
17:00 h |
Hotel Villa de Marín |
Proxección Atlánticas |
|
19:00 h |
Hotel Villa de Marín |
Proxección Outras Miradas |
|
* Pola NOITE Hora |
Lugar |
Actividade |
|
21:00 h |
Parque Azul |
Charla Produción Independente |
|
21:30 h |
Parque Azul |
Proxección Mon Autre Maman · Fon Cortizo |
|
22:00 h |
Parque Azul |
Proxección Aunque VENRES · 21 de agosto Seamos Islas |
|
* Pola MAÑÁ Hora |
Lugar |
Actividade |
|
11:00 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Charla · Rogelio Santos Queiruga |
|
12:00 h |
Ateneo Santa Cecilia |
Sesión Infantil |
|
* Pola TARDE Hora |
Lugar |
Actividade |
|
17:00 h |
Hotel Villa de Marín |
Proxección Atlánticas |
|
19:00 h |
Hotel Villa de Marín |
Proxección Outras Miradas |
|
* Pola NOITE Hora |
Lugar |
Actividade |
|
21:00 h |
(Lugar por confirmar) |
Proxección O Corpo de Cristo |
|
21:30 h |
(Lugar por confirmar) |
Proxección Así Chegou a Noite |
SÁBADO · 22 de agosto
|
* Pola MAÑÁ Hora |
Lugar |
Actividade |
|
|
12:30 h |
Hotel Villa de Marín |
Proxección Soñé su Nombre |
|
|
* Pola TARDE Hora |
Lugar |
Actividade |
|
|
17:30 h |
Hotel Villa de Marín |
Proxección Sere Kaniye |
|
|
* Pola NOITE Hora |
Lugar |
Actividade |
|
|
19:00h |
Gala de Clausura |
Recollida gratuíta de entradas (con inscrición previa ou recollida de pase)("Apertura de taquilla") |
|
|
20:00 h |
Gala de Clausura |
Alfombra Vermella |
|
|
21:00 h |
Gala de Clausura |
Entrega de Premios |
|
|
23:00 h |
A Bailona |
Festa de Clausura |