Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Aixola inicia un novo ciclo de cursos con seis formacións vinculadas ao ámbito marítimo-pesqueiro

Carriola.Cons. do Mar 14.09.26

julio@carriola.es

O Centro de Formación A Aixola, dependente da Consellería do Mar e xestionado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, pon en marcha un novo ciclo de cursos que se desenvolverán ata o vindeiro mes de decembro nas instalacións cedidas pola Autoridade Portuaria de Marín.

Trátase de seis actividades formativas cun eminente carácter práctico, seguindo o principio de «aprender facendo», e para as que non se requiren cualificacións mínimas. A formación, financiada pola Consellería do Mar e polos fondos FEMPA (Fondos Europeos de Pesca Marítima e Acuicultura), é totalmente gratuíta.

Os cursos están dirixidos a persoas desempregadas ou vinculadas ao sector pesqueiro que desexen reorientar o seu perfil profesional ou garantir o relevo xeracional nun oficio altamente especializado e en risco de desaparición, pero con demanda nas confrarías e nas empresas do sector marítimo-pesqueiro. 

Oferta para o derradeiro trimestre do 26

A oferta para este trimestre inclúe un curso de operacións auxiliares de acondicionamento interior de embarcacións (tapicería e madeira) de 350 horas, no que se empregarán técnicas tradicionais e innovadoras, e outro de

operacións auxiliares de arboradura (mastros e velas) de 200 horas, destinado ao coñecemento e a práctica en montar e desmontar diversos compoñentes da arboradura náutica, o seu mantemento así como operacións básicas de reparación de velas.

A nova programación de A Aixola contempla ademais a Introdución a unha das técnicas máis novidosas para a creación de pezas en poliéster no curso de operacións básicas de infusión e baleiro en composites, de 300 horas orientado ao sector náutico e á acuicultura, e outro sobre procesos básicos de plásticos técnicos aplicados ao sector mariño (200 horas).

Outras formacións

As formacións sobre actividades auxiliares en diagnose e posta a punto de fora borda menores de 30 CV (220 horas) e a introdución á carpintería náutica con control numérico (CNC) (70 horas) completan a oferta para os próximos tres meses.

Inscrición con prazas limitadas

As prazas son limitadas e a inscrición xa é posible a través da páxina web do centro  (aixola.cetmar.org) ou contactando vía correo electrónico (aixola@cetmar.org) ou telefónica (886 206915).

Na actualidade,  A Aixola é o único centro acreditado que imparte esta formación.

roslev