Carriola.ARMH.18.09.26
julio@carriola.es
Este domingo día 20, ás 12:30 horas, no lugar de memoria coñecido como Pozo da Revolta, en Bagüín, a ARMH de Marín organiza un ano máis a homenaxe ás veciñas e veciños que defenderon a liberdade
Nesta ocasión, ademais de Carmen Pesqueira Domínguez, "a Capirota", lembrarase tamén ás persoas da comarca do Morrazo que foron recluídas no penal de San Cristóbal.

Intervirán Xosé Novas Piñeiro da Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu, Xoán Carlos Chillón da Asociación Memoria Histórica 28 de agosto, de Cangas, Luís Chapela Bermúdez da Asociación Cultural Irmandade do Dolmen, de Moaña, e Carlos Villegas da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín.
Contaremos coas actuación musicais de Dori Santos & Lía Vilas e Novas Sonas das Memorias Fadwa e Manuela.