Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Estrela de Marín pecha a campaña “Volta ao Cole Estrela” con máis de 15.700 eur. en compras rexistradas

Carriola.EdM.22.09.26

julio@carriola.es

Centenares de nenos e nenas participaron na Festa da Volta ao Cole, mentres que a App Comercio de Marín volveu demostrar o seu potencial como ferramenta para conectar á clientela co comercio local. A campaña contou coa cofinanciación da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Marín.

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín fai un balance moi positivo da campaña “Volta ao Cole Estrela”, unha iniciativa que combinou promoción comercial, fidelización dixital e dinamización de rúa para incentivar as compras no comercio local durante o inicio do curso escolar.

Un dos datos máis destacados da campaña é o volume económico rexistrado a través da App Comercio de Marín. A clientela incorporou á plataforma tickets de compras realizadas nos establecementos asociados por un importe conxunto de máis de 15.700 euros, optando así ao sorteo de 300 euros en tarxetas regalo.

Esta cifra permite poñer de manifesto non só o impacto directo da campaña sobre as compras, senón tamén a progresiva consolidación da App como ferramenta de fidelización e de conexión entre os establecementos e a súa clientela. Ademais fíxose tamén entrega, do premio do “Escaparate Dixital Estrela”, que tiña un valor de 378,68€ e a gañadora valorou en 350€.

Centenares de familias na Festa da Volta ao Cole

A vertente de dinamización de rúa deixou tamén unha importante resposta de público. Centenares de nenos e nenas participaron na Festa da Volta ao Cole, celebrada na Alameda Rosalía de Castro, desfrutando do photocall con Estrelín, rocódromo, inchables, obradoiros, ludoteca, pintacaras e xogos tradicionais.

A programación culminou no Parque Eguren coa Festa Holi, que puxo o broche final a unha xornada especialmente orientada ás familias e na que a participación estivo vinculada ás compras realizadas nos establecementos asociados.

Desde Estrela de Marín destacan que os resultados reforzan a aposta por un modelo no que promoción comercial, tecnoloxía e actividades de rúa funcionen de maneira coordinada, xerando movemento no centro urbano ao mesmo tempo que se incentiva o consumo de proximidade.

Próxima cita: “Que é un comercio?”

Coa Volta ao Cole xa finalizada, Estrela de Marín prepara agora a súa próxima gran acción de dinamización, a campaña extraordinaria “Que é un comercio?”.

Será unha iniciativa cun importante compoñente educativo e emocional, na que Estrelín volverá ter un papel protagonista e coa que o CCA buscará achegar especialmente ás novas xeracións o significado, os valores e a importancia que ten o comercio local para a vida dunha vila. Os detalles da campaña daranse a coñecer proximamente.

Estrela de Marín continúa así avanzando nun modelo de dinamización no que cada compra contribúe a manter vivo o comercio e as rúas de Marín.

Mercas no comercio local, gañamos tod@s!

GALERIA DE PREMIADOS NA CAMPAÑA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

roslev