Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Confraría de Lourizán achega o marisqueo e os seus coñecementos a unha nova experiencia de turismo mariñeiro

Carriola.GALP.29.09.26

julio@carriola.es

Victoria López e María Jesús Martínez amosarán o traballo que hai detrás do marisqueo e a relación dos recursos coa ría, unha nova experiencia que o GALP incorpora  ao proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo, que pon en valor os coñecementos e as actividades vinculadas ao mar a través dos propios profesionais do sector.

A experiencia, protagonizada polas mariscadoras Victoria López e María Jesús Martínez, permitirá coñecer de preto o traballo que se desenvolve desde a Confraría de Lourizán e a relación existente entre o marisqueo, os recursos da ría e o territorio. A actividade terá lugar este mércores, 30 de setembro, de 13:00 a 14:00 horas, con punto de encontro no Colexio Sagrado Corazón de Placeres, en Pontevedra.

Ao longo da experiencia, as persoas participantes poderán achegarse ao día a día do marisqueo e coñecer as tarefas e coñecementos que require esta actividade. Victoria López e María Jesús Martínez serán as encargadas de compartir a súa experiencia e explicar como se desenvolve o seu traballo e que factores hai que ter en conta para aproveitar os recursos marisqueiros.

A proposta permitirá tamén coñecer a importancia do coidado e da xestión dos recursos da ría, así como a influencia das condicións ambientais na actividade marisqueira. O estado do medio, a presenza das diferentes especies e a evolución dos bancos forman parte dunha realidade que as profesionais coñecen directamente a través do seu traballo.

O marisqueo está estreitamente ligado á vida das comunidades costeiras e mantén unha relación directa co territorio. Máis alá da extracción de marisco, detrás desta actividade existe un amplo coñecemento do medio, das mareas e dos ciclos naturais, así como un traballo continuado para garantir o aproveitamento dos recursos.

A experiencia forma parte das propostas desenvolvidas ao abeiro de Mar e Rías: Pesca & Turismo, un proxecto de cooperación no que participan os oito Grupos de Acción Local

do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia. As experiencias xorden das accións formativas do proxecto e permiten aos profesionais compartir directamente os seus coñecementos e mostrar a realidade dos oficios do mar.

A actividade é gratuíta e ofrecerá a oportunidade de coñecer o marisqueo desde a perspectiva de dúas profesionais da Confraría de Lourizán. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no teléfono 618 320 033.

roslev