Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Cineclub Marín” retoma a súa actividade a partir do xoves dia 8 iniciando as proxeccións con “Seré Kaniyé” de Olmo Couto

Carriola.Reacción.01.10.26

julio@carriola.es

O Cineclub Marín, a cargo da asociación Marín de Cine, retoma a programación de outono coa proxección de Serê Kaniyê, de Olmo Couto, gañadora do premio á Mellor Longametraxe da “V MAC MARÍN”. A sesión celebrarase no Hotel Villa de Marín, colaborador habitual de Marín de Cine o día 8, ás 20.30 horas, coa presenza do realizador.

O documental achégase á guerra en Rojava, no Kurdistán sirio, a través de tres mulleres kurdas vinculadas ao movemento Kongreya Star, situando no centro a súa resistencia, autonomía e papel na chamada revolución das mulleres.

Olmo Couto, director de fotografía e documentalista, traballa habitualmente para medios de comunicación en Galicia e Madrid e participou tamén en producións audiovisuais galegas como director de fotografía, ademais de desenvolver proxectos documentais en Rojava.

Outras proxecciós de outubro

O 22 de outubro celebrarase unha sesión especial dedicada á Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín, organizada de maneira puntual para completar a programación do mes, cunha selección de curtametraxes premiadas en edicións anteriores. A iniciativa busca dar a coñecer a actividade do propio festival e achegar novamente ao público algunhas das obras máis destacadas do seu percorrido.

A entrada ás sesións programadas terá un custo de 4 euros por espectador como simbólica aportación para colaborar cos gastos dos ciclos previstos dos que iremos dando noticias oportunamente.

Para calquera dúbida que se desexe aclarar poderase contactar coa organización no correo cineclubmarin@gmail.com

roslev