Carriola.DEP.Red..03.10.26
julio@carriola.es
A actuación, cun investimento superior aos 1,25 millóns de euros e un prazo de execución de 9 meses, abranguerá 1,1 quilómetros con novas sendas, alumeado LED e melloras na seguridade viaria.

A Casa de Cultura de San Xulián acolleu onte a presentación técnica do proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-0019 Figueirido-Marín. A sesión de participación cidadá estivo presidida pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro Pablo Novas, e contou coa intervención do equipo técnico de enxeñaría da Deputación de Pontevedra, administración titular da vía e encargada da execución das obras.
O proxecto ten como obxectivo principal resolver as deficiencias e problemas de seguridade viaria no tramo comprendido entre a propia Casa de Cultura e o enlace coa variante en Pena e Caeiro.
Esta estrada é importantísima na mobilidade da propia parroquia e tamén do municipio, unha zona que actualmente presenta estreitamentos, falta de visibilidade, un firme deteriorado e perigosidade na contorna das paradas de autobús pola ausencia de itinerarios peonís seguros.
Máis de un qiilómetro e 1,2 millons de euros
Para dar resposta a esta necesidade, a intervención desenvolverase ao longo de 1.100 metros de lonxitude e incluirá a construción duna senda peonil de 2,50 metros de ancho, ademais da creación de dúas zonas de convivencia. O proxecto contempla tamén a renovación do firme e da sinalización en todo o tramo, así como a construción de muros de sostemento de pedra de ata 3,50 metros de altura para mellorar a estabilidade da estrada.
De xeito complementario, realizarase unha renovación integral dos servizos públicos coa execución duna nova rede de augas pluviais en todo o percorrido, a instalación de 41 luminarias LED de alto rendemento para o alumeado público e o soterramento das redes de electricidade e telecomunicacións nas zonas de convivencia.
A actuación conta cun orzamento base de licitación de 1.252.065,28 euros (IVE incluído). O financiamento estruturarase mediante un convenio de colaboración entre ambas institucións, polo cal a Deputación de Pontevedra achegará o 80% do investimento e o Concello de Marín asumirá o 20% restante.
Agora, “estamos no momento inicial deste proxecto”, insitiu a alcaldesa, xa que aínda é preciso iniciar o proceso de expropiacións que afectan a en torno 64 parcelas, o que supón un orzamento superior aos 58.600 euros.
Ademáis, insistiu a rexidora municipal, “Por experiencia doutros proxectos desta envergadura, o normal sería ocupar en torno a 6 meses para toda a xestión administrativa das expropiacións, outros meses para licitar, adxudicar e despois iniciaríanse as obras, que teñen un prazo de 9 meses pero temos dado un gran paso co proxecto redactado e este é o momento de resolver dúbidas e poder implementar demandas e, por suposto, seguir avanzando no proceso”, rematou.
Un