Carriola.Jonathan Carreira (*).06.10.26
"Estrela de Marín" leva a intelixencia artificial á estratexia do comercio local organizando do 6 ao 9 unha nova formación práctica para mellorar a competitividade, a planificación e a toma de decisións dos negocios.

Jonathan Carreira
O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín continúa coa súa aposta pola formación e a dixitalización do comercio local cun novo curso de "IA aplicada – Nivel Estratéxico", que se desenvolverá os días 6, 7 e 8 de outubro, de 08.30 a 09.45 horas, na sede social da entidade.
A actividade está dirixida a comerciantes que queiran dar un paso máis no uso da Intelixencia Artificial e incorporala non só á comunicación ou á creación de contidos, senón tamén á xestión e á toma de decisións do negocio.
Durante as tres xornadas traballaranse aplicacións prácticas da IA para identificar produtos máis rendibles, detectar oportunidades comerciais, planificar promocións, preparar campañas estacionais ou mellorar a organización de diferentes tarefas do día a día.
O programa abordará tamén a utilización da Intelixencia Artificial como ferramenta para diferenciar o comercio local, definir mellor a proposta de valor de cada establecemento e personalizar a comunicación cos clientes.
Un dos principais resultados da formación será a elaboración por parte de cada participante dunha folla de ruta para os seguintes 90 días, establecendo prioridades, accións concretas e indicadores que permitan comprobar os resultados obtidos.
Esta nova acción formativa pretende que os comerciantes poidan utilizar a IA como unha ferramenta real de apoio ao negocio, que permita aforrar tempo, analizar mellor a información dispoñible e adoptar decisións de maneira máis áxil.
A iniciativa forma parte do programa de formación que o CCA está a desenvolver para favorecer a modernización, dixitalización e competitividade do tecido comercial de Marín.
As inscricións poden realizarse a través da web de Estrela de Marín, en Inscrición curso
A actividades formativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Marín.
(*) Jonatán Carreira dircctor xerente de Estrela de Marín