Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Arranca a instalación da nova pump truck que haberá na Barriada Virxe do Carme

Carriola. Concello Marín. 10.10.2026

Esta mellora do espazo forma parte da obra de mellora hidráulica do Río Lameira, que permitiu liberar o seu cauce do antigo colector e crear unha gran senda verde fluvial, cunha inversión de máis de 3 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia 

A Barriada Virxe do Carme contará cunha nova zona natural de ocio, aproveitando as obras de renovación do colector do Río Lameira, poñendo en valor a contorna e dando novas opcións para o desfrute da mocidade. Ademais da gran senda verde fluvial, que xa percorren día a día centos de persoas e que conecta a zona do Coirados co centro urbano. Agora, séguese traballando neste proxecto, financiado e executado ao 100% pola Xunta de Galicia, cunha inversión superior aos 3 millóns de euros.

Pump truck e novos usos

Nese contexto, arrancou a instalación da nova pista de pump truck que terá a nova área de lecer, que se crea aproveitando a explanada superior da zona do tanque de tormentas e na que tamén haberá elementos de descanso e pérgolas con sombra. “Con esta nova dotación de equipamento lúdico e deportivo, mantemos a natureza dunha zona verde, pero uníndoa con deporte e con ocio xuvenil”, explicou a alcaldesa, María Ramallo, que considera esta obra como unha actuación clave, coa que “conseguimos varios fitos á vez: melloramos o saneamento nesta zona, recuperamos o río Lameira a nivel ambiental e habilitamos novos espazos en lugares que ata agora aínda tiñan máis que ofrecer”.

roslev