Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O mar tamén é futuro: O proxecto “Relevo Xeracional: O futuro do Mar” participa en EDUGAL 2026

Carriola.GALP.21.10.26

julio@carriola.es

O proxecto estará presente do 21 ao 23 de outubro na feira educativa de Pontevedra cun stand propio para dar a coñecer as oportunidades formativas e profesionais do sector marítimo-pesqueiro. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez Suárez, visitará o stand o xoves 22 de outubro, ás 10:00 h.

O proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» participará en EDUGAL 2026, o Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia, que se celebra do 21 ao 23 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra. A iniciativa contará cun stand propio desde o que achegará ao alumnado, aos centros educativos, ás familias e ao público xeral as posibilidades de formación e emprego que ofrece o sector marítimo-pesqueiro galego.

O proxecto «RELEVO XERACIONAL: O FUTURO DO MAR» é unha iniciativa de cooperación dos oito GALP galegos, coordinada polo GALP Ría de Arousa, en colaboración co GALP vasco Itsas Garapen Elkartea, e está financiado pola Consellería do Mar no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

A presenza nesta feira constitúe unha oportunidade para conectar o sector coa comunidade educativa e contribuír a que a mocidade coñeza de primeira man as profesións vinculadas ao mar, os seus itinerarios formativos e as diferentes vías de acceso ao emprego. Nun momento no que o relevo xeracional é un dos grandes retos da actividade marítimo-pesqueira, resulta fundamental visibilizar as oportunidades que ofrece o sector e favorecer que as novas xeracións o contemplen como unha alternativa de futuro profesional.

Ao longo dos tres días, o stand ofrecerá información sobre as distintas posibilidades formativas, desde a Formación Profesional e a FP Dual ata as titulacións, acreditacións e formacións específicas necesarias para traballar no ámbito marítimo-pesqueiro. O obxectivo é amosar a diversidade de perfís profesionais que existen no sector e facilitar información útil para a toma de decisións académicas e laborais.

A proposta contará tamén con recursos audiovisuais e interactivos para achegar a realidade do traballo no mar dun xeito máis directo e atractivo. Entre eles, unha pantalla vertical permitirá reproducir vídeos elaborados no marco do proxecto, mentres que as persoas visitantes poderán experimentar coa realidade virtual grazas á colaboración da OPP 20 da Illa de Arousa, que cederá unhas gafas de realidade virtual e contará con dúas persoas da entidade no stand para acompañar a experiencia e ofrecer información ás persoas participantes.

Visita institucional o xoves 22 de outubro

A participación en EDUGAL incluirá a visita ao stand, o xoves 22 de outubro ás 10:00 h, de Ángeles Vázquez Suárez, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia.

Esta visita permitirá dar a coñecer a iniciativa e os seus obxectivos, así como destacar a importancia de promover o relevo xeracional e reforzar a conexión entre o ámbito educativo e o sector marítimo-pesqueiro.

Datos da participación en EDUGAL 2026

  • Datas: 21, 22 e 23 de outubro de 2026.
  • Lugar: Recinto Feiral de Pontevedra.
  • Horario: mércores 21 e xoves 22, de 10:00 a 18:00 h; venres 23, de 10:00 a 14:00 h.

• Visita institucional: xoves 22 de outubro, ás 10:00 h.

roslev