Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG denuncia que, os autobuses na liña de Pontevedra a Cangas circulan ateigados de viaxeiros

Carriola.Redacción(R).24.10.26

julio@carriola.es

O BNG denuncia a saturación que sufre a liña de autobús Pontevedra–Marín–Bueu–Cangas, especialmente nas horas de maior demanda, e reclama á Xunta de Galiza e a Monbus que adopten medidas urxentes para garantir un servizo adaptado ás necesidades da veciñanza.

A formación nacionalista manifesta que nesta liña se producen situacións de saturación, con autobuses completamente ateigados e pasaxeiros que viaxan de pé en condicións de masificación.

Esta problemática xa foi trasladada ao pleno, polo grupo nacionalista, mediante unha moción na que reclamaba, entre outras medidas, o reforzo nas horas punta da conexión entre Pontevedra e Cangas, pasando por Marín e Bueu. A iniciativa foi rexeitada cos votos do PP, malia as dificultades que veñen denunciando as persoas usuarias.

Neste sentido, cómpre lembrar que recentemente

Monbus reforzou o servizo Pontevedra–Marín, unha mellora que chegou tras as reiteradas reivindicacións da formación nacionalista e que demostra que é posible dar resposta ás necesidades das persoas usuarias. A formación xa solicitou tamén ao goberno local que faga seguimento da efectividade deste reforzo e avalíe a necesidade de ampliar os servizos noutras rutas e horarios con elevada ocupación.

"Se foi posible reforzar a conexión entre Pontevedra e Marín, tamén debe ser posible actuar na liña de Cangas, onde seguimos recibindo queixas pola falta de prazas. O transporte público ten que responder ás necesidades da xente, non obrigar a xente a adaptarse ás súas carencias", manifestou Lucía Santos, voceira municipal do BNG.

Ademais, dende o grupo nacionalista, xa se puxo en coñecemento, a Paulo Ríos, deputado do BNG no Parlamento galego, esta problemática co obxectivo de impulsar medidas que dean resposta ás deficiencias e situacións de saturación desta liña.

Dito isto, a formación reclama á Xunta de Galiza e a Monbus que analicen a ocupación real desta liña e incorporen os reforzos necesarios nos horarios de maior demanda. Así mesmo, insta ao goberno local a implicarse activamente na defensa das persoas usuarias e a esixir ás entidades responsables solucións efectivas ás deficiencias do servizo

roslev