Carriola.Redacción.01.11.26
A consecuencia do luctuoso accidente do tren en Toledo e para cumplir cos tres días de loito, o Samaín de Marín foi trasladado da noite de onte á de hoxe domingo día 1 coa única variedade do adiantamento do horario de comenzo nunha hora poñéndose en marcha toda a factividade ás 5,30 da tarde co PequeSamaín, música na lagoa e postos de comida e tendo en conta que as colas das rutas pecharán ás 20.00 horas

Hoxe domingo, a Finca de Briz convertirase nun escenario de medo e diversión desde as 17.30 ata as 22.00 horas cunha proposta que combinará dúas rutas do terror, catro estacións do medo, actividades para os máis pequenos e animación musical, distribuídas por distintos espazos da finca.
Dúas rutas do terror con peche de colas ás 20.00 horas
Desde a apertura do recinto, ás 17.30 horas, o público poderá achegarse ás dúas rutas preparadas para esta edición: «A vila embruxada dos da Caña» e «O último pase», do CD La Peña.
O Concello lembra que as colas para acceder a estas rutas pecharán ás 20.00 horas, un horario que cómpre ter en conta á hora de planificar a visita e participar nos percorridos.
Catro estacións para vivir o medo en Briz
A programación contará tamén con catro estacións do medo, que funcionarán de 18.30 a 22.00 horas:
- A Granxa Fantasma.
- A Pandilla Circense do Terror.
- Hospital das Ánimas en Pena.
- O Circo das Ánimas Perdidas.
Estas propostas completarán a ambientación da finca e ofrecerán diferentes escenarios para mergullarse na atmosfera do Samaín.
PequeSamaín e música na lagoa
Os nenos e nenas terán o seu propio espazo no PequeSamaín, que se desenvolverá entre as 17.30 e as 21.00 horas, con pintacaras, xogos e animación musical, entre outras actividades.
A zona da lagoa contará con animación e música de 18.00 a 21.30 horas. Ademais, a festa disporá de postos de comida e ambientación musical, para completar unha tarde e noite de lecer na finca. O fin de festa está previsto para as 22.00 horas.
A colaboración dos colectivos locais, esencial para a festa
O Concello agradece a participación da Fundación Juan XXIII, a comparsa Os da Caña, o CD La Peña, as comparsas La Pandilla, As Sonecas e Moreira a Tope, e Cor Café, cuxa implicación permite dar forma aos distintos espazos e actividades. Esta colaboración volve converter o Samaín Briz nunha celebración colectiva, na que o traballo das entidades locais contribúe a ofrecer unha programación para diferentes públicos arredor dunha das noites máis especiais do outono.