Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Merenda no Campo”, obra teatral que hoxe presenta o Ateneo no paraninfo do Illa de Tambo con entrada libre

Carriola.Redacción.06.11.26

julio@carriola.es

O Ateneo Santa Cecilia convida a todo o público á representación da obra de teatro "Merenda no campo", unha adaptación do libro “Picnic” de Fernando Arrabal, a cargo do grupo de teatro A.C. Fonte da Tella de Soutomaior baixo a dirección de Salvador Álvarez Ledesma.

A función terá lugar hoxe venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, no salón de actos do IES Illa de Tambo de Marín. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. Esta actividade é posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.

A Obra 

O título orixinal é “Picnic”, obra escrita en 1952 con moitas versións do propio autor e publicada en 1961 nunha escolma teatral de Fernando Arrabal.

Segundo indica  a “A.C. Fonte da Tella”, “Trátase dun claro argumento contra a guerra que se pode englobar no teatro do absurdo. Unha das obras máis representadas en todo o mundo —e quizais a máis emblemática do seu autor— é un berro contra o fracaso inherente que supoñen as guerras. Hoxe, máis e peor que nunca, hai quen se empeña en seguir asolando o mundo coa complicidade silenciosa da sociedade. Non se pode mirar cara a outro lado. Por iso: guerras nunca máis.”

Elenco de artistas 

Salvador Álvarez Ledesma ……........Zapo

Suso……………….........Zepo

Nuria Vidal...........................................Sra. Tepán  

Carlos Cerviño Ogando …….......… Sr. Tepán

Marisol Blanco Luna........................1ª enfermeira

Operadora de luz e son....................Senén

Montaxe.........................................Fonte da Tella

roslev