Carriola.Redacción.14.11.26
“Alén das Olas” é un estudio-obradoiro de cerámica nacidono ano 2017 desenvolvendo daqula para acá un proxecto que combina a produción de cerámica de autor e a formación de persoas a través de cursos de cerámica programados o longo de todo o ano.
Agora o taller amplía a súa idea coa posta en marcha de A Lindeira Sala, un espazo anexo concebido para acoller exposicións

así como actividades de formación e experimentación especialmente as relacionadas co torno alfareiro espzo que será inaugurado o próximo día 17 deste mesmo mes de novembro que amosará unha exposición colectiva de cerámica, que poderá visitarse ata o domingo 29 de novembro, mostra que reunirá unha selección de pezas realizadas polas alumnas e alumnos do obradoiro ao longo dos diferentes cursos.
Esta primeira exposición representa tamén unha declaración de intencións sobre a natureza do novo proxecto: un espazo aberto á participaciónque nace coa vontade de facilitar que artistas e artesáns poidan compartir o seu traballo co público e, ao mesmo tempo, ofrecer novas oportunidades de achegamento a cerámica creativa a través da formación e da práctica nun entorno equipado para elo.