Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Os GALP presentan mañá mércores en Santiago os resultados do proxecto “Pesca e Saúde

Carriola.GALP.17.11.26

julio@carriola.es 

O mércores 18 de novembro, entre as 11:00 e as 13:30, celebraranse as xornadas de peche do proxecto Pesca Saúde, con presenza da Conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, que estará acompañada por profesionais da saúde, da nutrición, da restauración e do sector pesqueiro. O evento terá lugar na Fundación Casa RIA (Virxe da Cerca, 6, Santiago de Compostela).

O proxecto Pesca Saúde é unha iniciativa dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) para promover o consumo de produto pesqueiro galego dentro duns hábitos de vida saudable. Durante o ano 2026 celebrou actividades en todo o litoral galego, incluíndo dinamización nos centros de saúde, xornadas técnicas con especialistas, demostracións de cociña en vivo nos mercados, sorteos, entrega de vales de compra e cursos prácticos de cociña.

11:00 Benvida institucional:Marta Villaverde Acuña, Conselleira do Mar; Mariano Lago Louro, Patrón maior da Confraría de Lira; Presidente do GALP Costa Sostible

11:15 Carolina Muñoz Ibáñez, Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade

11:30 Presentación de resultados do proxecto «Pesca Saúde» Manuela Oviedo Hermida Xerente do GALP Costa Sostible

11:50 Presentación das publicacións «Guía de propiedades nutricionais» e «Receitario Pesca Saúde» Arela Saúde S. Coop. Galega

12:00 Relatorios:

«Alimentos saudables e beneficios para a saúde», Guillermo Aldama López Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidad de Navarra. Especialista en Cardioloxía no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. 

«Sector pesqueiro, posta en valor do produto para animar ao consumo» Manuel Suárez Blanco Xerente da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA)

«Restauración e promoción de produto pesqueiro» Lolo Mosteiro, A Artesa da Moza Crecha

13:30 Degustación saudable con produto pesqueiro (A Cantina RIA)

Que é Pesca Saúde?

Pesca Saúde nace como resposta ao descenso progresivo do consumo de peixe fresco e ao avance dos ultraprocesados na dieta, unha tendencia asociada ao aumento de enfermidades cardiovasculares, metabólicas e inflamatorias. O proxecto defende o consumo regular de produtos do mar non só como unha cuestión dietética, senón como unha estratexia de saúde pública apoiada na evidencia científica, dado o seu papel no benestar cardiovascular, cerebral, óseo, muscular, inmunitario e metabólico.

Con este obxectivo, durante 2026 véñense realizando campañas en centros de saúde, xornadas divulgativas con expertos en medicina e nutrición e actividades en prazas e mercados, incluíndo sorteos e demostracións de cociña ao vivo. A partir de setembro celebraranse obradoiros prácticos nos que se ensinará ás persoas a planificar menús semanais incorporando produto pesqueiro nas súas elaboracións.

A iniciativa está financiada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)a través da Consellería do Mar, e nela participan sete GALP que cobren boa parte do litoral galego: Ría de Vigo-A Guarda, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Costa Sostible, Costa da Morte, Golfo Ártabro Sur e A Mariña-Ortegal. Conta ademais coa colaboración da Consellería de Sanidade, de xeito que o proxecto une as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos GALP coa Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027.

roslev