Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Monte Pituco” pospón a celebración da ruta de senderismo prevista para o sábado polo anuncio de mal tempo

Carriola.Redacción.21.11.26

julio@carriola.es 

O aviso amarelo por chuvia e vento intensos motiva que haxa que aprazar a ruta de sendeirismo polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e, o Colectivo Monte Pituco anunciará unha nova data cando o tempo o permita, para visitar os petróglifos do Pornedo e Sete Camiños, a mámoa de Sete Camiños e o conxunto rupestre de Chan das Mouras, entre outros xacementos.

O proxecto do Espazo Sete Camiños, que abrangue territorio das comunidades de montes de San Xián de Marín, Salcedo e Lourizán en Pontevedra, tomou impulso en 2010 cun grupo de activistas sociais e culturais en resposta a distintas agresións que ameazaban a integridade desta zona. Inaugurouse en 2015 cunha andaina organizada polas comunidades de montes implicadas pero, agás a de Salcedo, as demais foron desvinculándose e abandonando o mantemento dos recursos que foran valorizados.

O domingo día 22 finalizan as xornadas de patrimonio de San Xian

As X Xornadas de patrimonio de San Xián finalizarán no Carballal o domingo día 22 ás 10:30 horas cunha homenaxe a Xan Montenegro, quen fora presidente da Asociación de Veciñas e Veciños de San Xián, falecido hai 15 anos. Familiares e amizades promoven anualmente este memorial en recoñecemento ao seu compromiso coa lingua e coa cultura do país, coa defensa do patrimonio e do medio natural, co apoio a distintas causas relacionadas coa xustiza, a igualdade e a liberdade.

Dez anos de actividade do colectivo Monte Pitucoi

O Colectivo Monte Pituco, co respaldo da Rede do Patrimonio Cultural, suma xa unha década de actividade dende que en abril de 2017 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou a firmeza da sentenza contra a Xunta ordeando retirar o polígono Marín-Pornedo do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia pola “decisiva influencia” das características orográficas da zona afectada e polos danos que provocaría a nivel físico, natural e paisaxístico. En xaneiro de 2018 unha segunda resolución definitiva do mesmo Tribunal condenaba o Concello de Marín desclasificar o Pornedo como solo industrial no PXOM. Culminábase así unha etapa de arduo traballo reivindicativo e de protesta para iniciar outra fase vertida no eido social e cultural para dar a coñecer o potencial do “balcón da ría”.

roslev