Carriola.ARMH.12.04.23
O vindeiro venres, 14 de abril, terá lugar o acto organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín con motivo do 92 aniversario da II República. Será ás 19:00 h. na Pedra da Liberdade, nos xardíns a carón do Concello, onde se fará a tradicional ofrenda floral, coas intervencións musicais de ”A Revolta” e ”Amigos da República”.
A continuación, ás 20:00 h., comezará no Museo Manuel Torres a homenaxe a D. Xosé Fraga Iglesias, autor de "Falando calado. Escolma de poemas e artigos galegos e casteláns e máis “Unha muiñeira" (1986) e " Longa noite de ferro" (1997). O acto estará conducido por Carlos Villegas e Xosé Vilas, membros de ARMH de Marín, e intervirán Xosé Carballo Espiño e Manuel Reboredo Tajes.

Portada do libro de Fraga
Os poemas de Fraga Iglesias amosan o amor, a natureza e as xentes, e percorre o Marín no que se mergullou; mesturando a vida e o traballo coas reflexións das ideas das que había que falar baixiño, sen esquecer nunca a súa terra, cos seus ríos e muíños.