Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo lembra que está convocado o concurso de Maios e Embarcacións para o próximo día un

Carriola.Redacción.13.04.23

Xa queda pouco tempo daquí ao día un de maio no que se ha de celebrr como hay máis de seis décadas o tradicional concurso que organiza o Aeneo Santa Cecilia de Marín que ven ofrecendo aos centros educativos a posibilidade de charlas informativas sobre a festa na percura dun mellor colecemento dos seus fuindamentos por parte dos nenos e nenas que son os que en realidade participan dela

Un maio do colexio San Narciso do ano 2003

E or se alguén no leu en Carriola hay un par de semnas o texto das bases do concurso, volvemos a reproducilas a continuación:

BASES DO LXX CONCURSO DE MAIOS E EMBARCACIÓNS ANO 2023

Seguindo coa tradición, con motivo do dia 1 do mes de maio, o Ateneo Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Marín, organiza a LXX edición do “CONCURSO DE MAIOS E EMBARCACIÓNS”, dirixido a tódolos centros escolares, asociacións e demais colectivos de Marín e bisbarra.

1.- Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Na decoración exterior dos MAIOS só se utilizarán elementos vexetais e naturais.

2.- As EMBARCACIÓNS só serán de construción artesanal.

3.- A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais.

4.- Os grupos que desexen tomar parte neste concurso, teñen que face-la súa inscrición antes das 20:00 horas do dia 27 de abril. Para elo, deberán cubri-la folla de inscrición que poden recoller na secretaria do Ateneo, situada na rúa do Forno, 42, baixo en horario de 17:30 a 20:30 horas de martes a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 horas . Á dita inscrición deberanse xuntar 8 copias da letra coa que participen no concurso.

5.- A valoración dos grupos participantes farase mediante un XURADO nomeado polo Ateneo que valorará de 1 a 10 puntos a cada participante, en cada un dos apartados do concurso. Puntuación que se fará pública ao remate do concurso. O Xurado contará cun/ha secretario/a do Ateneo e o seu fallo non poderá ser recurrido.

6.- Os apartados do concurso serán para MAIOS: Letra – Construción - Coroa - Interpretación e para EMBARCACIÓNS: Letra – Construción - Interpretación. En cada apartado haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio, podendo quedar deserto algún deles si o xurado así o considerara.

7.- Tódolos grupos recibirán unha axuda polo feito de participar, ademais da tradicional rosca e o chocolate para os seus compoñentes.

8.- A letra das coplas deberá ser en galego e de libre composición.

9.- Na interpretación, que será de catro estrofas e a última, usaranse as melodías tradicionais tanto no caso dos Maios como das Embarcacións, e o xurado terá en conta, se se dera o caso, a recuperación dalgunha melodía tradicional.

10.- A relación e contía de premios farase pública nos medios de información local.

11.- Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que concentrarse as 12:30 horas na alameda Rosalía de Castro, no entorno do palco da música, e as 17:00 na Praza do Reloxo.

12.- A participación no concurso obriga a aceptación de estas bases.

Maio de San Xulián no ano 2003

q

roslev