Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O complemento de crédito aprobado polo PP é a mostra da mala xestión económica do goberno local de Marín

Carriola.Lucía Santos Omil (*).12.08.23

julio@carriola.es

O Goberno do PP aprobou, no pleno municipal celebrado este pasado xoves , un complemento de crédito por valor de 945.000 euros, complemento de crédito que destínase a cubrir gastos correntes.

Lembramos que, en xaneiro deste ano, o concelleiro de Facenda, Manuel Santos Costa, presentou os orzamentos municipais como “contas responsables e realistas, que conseguen cubrir os gastos correntes” pero.unha vez máis, se retrata a incompetencia do goberno de María Ramallo, xa que as partidas económicas presentadas para solicitar a modificación do crédito de 945.000 euros son para alumeado público, abastecemento de auga, sumidoiros, electricidade para instalacións deportivas e mercados, entre outros.

E hai datos que chaman a atención, posto que se rexistra un incremento do 42,6% no prezo da electricidade, cando, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), o prezo da electricidade tivo unha redución do 13,3% no seis primeiros meses de 2023 e un 30,3% de xullo de 2022 a xuño de 2023.

Por outra banda, a modificación de crédito presentada polo PP sinala un incremento do 633% do gasto en fomento de actividades culturais e deportivas. En varias ocasións durante o pleno, solicitamos información á conselleira de Facenda sobre o que provocou este enorme incremento, pero non obtivemos resposta.

Esta modificación de crédito é unha mostra máis da improvisación do goberno municipal pois, se hai uns meses presumían de ser bos xestores presentando uns orzamentos responsables e realistas, hoxe amosan a decepción, xa que só medio ano despois teñen que asumir os gastos do día a día co resto de Facenda, que finalmente é reducido. dos 2,5 millóns de euros anunciados aos 982.000 euros.

(*) Lucía Santos Portavoz do BNG no Pleno

roslev