Carriola.Concelleria de Deportes.03.09.23
julio@carriola.es
Publicadas as listaxes de admitidos nas Escolas Deportivas Municipais Máis de 930 nenos e nenas beneficiaránse deste servizo municipal. Activáronse todas as disciplinas ofertadas, a excepción de tenis de mesa e waterpolo, que non tiveron demanda abondo, e natación, que comezará en canto sexa posible en función das obras da piscina municipal.
Desde hoxe martes comezan rodar as Escolas Deportivas Municipais, o ambicioso proxecto deportivo público que permite que máis de 930 nenos e nenas escollan entre unha amplísima variedade de disciplinas deportivas para adestrar na súa vila, por apenas 50 euros ao ano. Tal e como explicou o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, pechouse o prazo para a inscrición e xa se poden consultar as listaxes de admitidos na páxina web do Concello e a través de redes sociais. As disciplinas que terán escola son:
* Acrobática Club Vila de Marín 34
* Atletismo Club Atletismo San Miguel 36
*Bádminton Club Bádminton Pontevedra 6
* Baloncesto Club Baloncesto Peixefresco 54
* Boxeo Team Thunder 83
* BTT Club XSM 12
* Fútbol Escuela de Fútbol Villa de Marín 34
* Fútbol Sala Club Deportivo La Peña 57
* Fútbol Sala Marín Futsal 84
* Hip hop Asociación Pasos Biale Galicia 26
* Judo Asociación Deportiva Dom+ 74
* Kickboxing ABP Pontevedra 15
* Paddle Surf Imua Paddle Surf 22
* Padel Seimarin2019 44
* Patinaje Club Patinaxe Marín 52
* Piragüismo Club Marítimo Tambo
* 14 Remo Club de Remo Ría de Marín 30
* Rítmica Club In Mare 11
* Rítmica Club Rítmica Agarimo 49
* Salvamento Club SAPO Pontevedra 15
* Taekwondo Club Deportivo MATS 46
* Tenis Club de Tenis Marín 47
* Triatlón Club Deportivo Pinarium 33
* Vela Real Club de Mar de Aguete 16
* Voleibol Club Deportivo SEI SN 38
* Natación Soom Pendiente
No caso de tenis de mesa e waterpolo, non se alcanzou a demanda suficiente para configurar a Escola e a e natación está pendente de arrancar en canto se remate coas obras da piscina municipal.