Carriola.Celia García Santomé.04.09.23
julio@carriola.es
O BNG de Marín reafirma o seu total apoio e compromiso ás traballadoras e traballadores afectados por esta situación.Estamos atentas ás demandas das persoas traballadoras e seguiremos a traballar como mediadores co Goberno Local para revisar as condicións do ERTE. Pedimos responsabilidade con elas.

As obras de acondicionamento na piscina municipal, que deron comezo neste verán, tiveron unha consecuencia inesperada para as persoas traballadoras: foron enviados ao Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), ocasionando unha significativa redución nos seus salarios. Situación xa coñecida por moitos e moitas debido ao contexto da pandemia.
As persoas traballadoras expresaron esta preocupación nun comunicado dirixido a todas as agrupación políticas que forman parte da Corporación municipal. Neste comunicado, destacaron a necesidade de atopar unha solución, considerando que o Goberno Municipal debería prever tales situacións e actuar con responsabilidade para con elas.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín, en diversas instancias como a Comisión de Deportes coma na anterior sesión plenaria, manifestou a importancia de chegar a un consenso entre as partes así como dar cunha resposta digna. Estamos atentas ás demandas das persoas traballadoras e seguiremos a traballar como mediadores co Goberno Local para revisar as condicións do ERTE e pedimos responsabilidade con elas
Neste contexto, no BNG reafirmamos o seu total apoio ás persoas traballadoras e comprometémonos a atender as súas demandas, as cales perciben como plenamente xustificadas e comprensibles.Estaremos invariablemente ao carón dos traballadores e das traballadoras na procura de condicións xustas.
(*) Celia García Santomé, Concelleira do Grupo Municipal do BNG de Marín.