The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

ROSALÍA EN VIOLETA.

Carriola.Aarón Franco. (*).23.02.24.

julio@carriola.es.

Aarón Franco na súa etapa de Concelleiro

ROSALÍA EN VIOLETA.

Durante anos, a obra de Rosalía de Castro estaba considerada, de maneira superficial, soamente como un canto á terra e á morriña. Unha visión romántica da patria galega no exilio forzoso da emigración. 

Pero Rosalía era máis que iso, era unha abandeirada do feminismo. No prólogo de "A filla do mar", un dos seus libros máis intimista, elabora unha proclama de empoderamento e reivindicación.

"Porque aínda non lles é permitido ás mulleres escribir o que senten e o que saben", afirmaría no texto, publicado en 1859. As súas personaxes femininas, incomprendidas e illadas, censuradas, vivindo co sino de converterse nunhas "solteironas".

Nun texto publicado no Álbum do Miño de Vigo, en 1858 cando tiña 21 anos o seu ideario crítico e feminista  quedou plasmado nesa gran declaración de intencións. 

"Cando os señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren marcar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu ríome como eles se rin e fago, en aparencia, a miña iniquidade máis grande que a súa iniquidade. No fondo, con todo, o meu corazón é bo; pero non acato os mandatos dos meus iguais e creo que a súa feitura é igual á miña feitura, e que a súa carne é igual á miña carne. (...) Eu son libre".

Estamos por tanto diante dunha muller e poeta en rebelión contra os comportamentos sociais da época,  que exerce esa rebelión a través da escritura e no idioma perseguido e denostado desde o século XV coa chegada da golpista Isabel (mal chamada católica) e o inicio dos Séculos escuros. 

Rosalía de Castro desafía conceptos que naquel momento ninguén ousaba cuestionar. Proba delo é o poema "Máis que nai' onde critica o papel tradicional da maternidade e o papel da muller como nai. A poetisa manifesta que o amor maternal non debe ser unha cadea que limite a liberdade da muller, senón unha forza invisible pero poderosa que a acompaña e sosteña no seu camiño. Sen máis, sen renunciar a ser muller.

A preocupación constante pola condición feminina impregnou a súa obra, e é de xustiza desposuíla da súa lenda tal e como defende Pilar García Negro no artigo "Rosalía de Castro: unha feminista na sombra".

É Rosalía en defensa propia, é Rosalía contra o patriarcado, é Rosalía en violeta. 

(*) Mestre, historiador e poeta.