Carriola.Ateneo S.C..04.06.24.
julio@carriola.es.
O Ateneo Santa Cecilia ofrece unha charla que terá lugar o vindeiro venres 7 de Xuño, ás 20:00H no local da asociación ubicado na Rúa do Forno nº42, Baixo, a cargo de Ana Acuña, que é Coordinadora do Programa Universitario de Maiores, pertenecente á Universidade de Vigo e que xa ten 22 anos de actividade.
Trátase dun programa enmarcado dentro da Escola Aberta de Formación Permanente, có que preténdese “facilitar ás persoas adultas o seu desenvolvemento cultural, social, e persoal, e desfrutar das manifestacións sociais e culturais, mediante a participación e a promoción activa, fomenta-la participación do alumnado na sociedade actual, formando ó alumnado no proceso de adaptación aos cambios da sociedade, facilita-las relación intra e interxeracionais e garanti-los instrumentos necesarios para a aprendizaxe ao longo da vida”.
Desde o Ateneo Santa cecilia convídase as persoas maiores que teñan inquedanza polo mantenemento da súa propias formación a que acudan para coñecer de cerca esta actividade tan importante que axuda e moito a mellorar o estado mental a ainda físico gracias as actividades que se desenrolan no mesmo.