Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Club de Remo Ría de Marín volta con 7 medallas do Campionato Galego de remo olímpico en Castrelo de Miño

Carriola.Redacción.18.06.24.

julio@carriola.es.

Niobe Barreiro, Anxo Blanco e Xairo Ribadulla proclamados campións galegos nas súas respectivas categorías e o club Ría de Marín deixou a mostra da súa calidade no deporte do remo polo que, ademáis das medalla conseguidas neste campionato, un grupo dos seus remeiros viaxará a Sevilla para competir no próximo campionado de España

O Club de Remo Ría de Marín participou esta fin de semana no campionato galego de remo de pista no que acadou 7 medallas.  O grupo estaba formado por 16 remeiros  en 9 tripulacións que voltaron para casa con 7 metais: dous ouros, tres pratas e dous bronces. sendo estes os resultados:

Cadetes:

Anxo Blanco e Xairo Rivadulla: campións galegos en 2- masculino

Xián Gutiérrez: subcampión galego cadete en skiff masculino

Gonzalo Pesqueira, Rodrigo Luengo, Hugo Rosales, Hugo González, Mauro Fernández : subcampións galegos en 4+ masculino

Xuvenís:

Niobe Barreiro: campiona galega en skiff femenino

Saioa Iglesias: bronce en skiff femenino

Breogán Fariña: subcampión galego en skiff masculino

Damián Otero: 4º posto en skiff masculino

Absolutos:

Adrián Pazos: bronce en skiff

Pilar Vázquez: 4º posto en skiff

 Esta é a derradeira proba para estas categorías no calendario galego, un pequeno grupo deles viaxará a próxima fin de semana a Sevilla para competir no  Campionato de España.

roslev