Carriola. Almuhíña.10.12.24.
julio@carriola.es.
A asociación cultural Almuinha organiza un encontro aberto na Biblioteca Municipal o venres 13 de decembro ás 20:00 horas para reflexionar sobre a historia e o futuro da nosa lingua.
O vindeiro venres 13 de decembro, a asociación cultural Almuinha organiza na Biblioteca Municipal de Marín a presentación da obra, da autoría de Carlos Callón, “O libro Negro da Lingua Galega”. O acto, aberto a toda a veciñanza, dará comezo ás 20:00 horas e ofrecerá unha oportunidade única para reflexionar sobre o pasado, o presente e o futuro da nosa lingua.
Nesta obra, Carlos Callón fai un percorrido polos momentos máis difíciles da historia do galego, recollendo episodios de discriminación e persecución que axudan a comprender mellor a situación actual da nosa lingua. Callón, recoñecido activista e defensor do galego, compartirá co público as claves deste traballo, invitando á reflexión colectiva sobre a importancia de preservar e promover a nosa identidade lingüística.
Dende Almuinha, queremos convidar a todas as persoas a participar neste acto que busca ser un espazo de encontro e aprendizaxe. Vinde e sumádevos a este evento! Que non cho conten.