Carriola. Almuinha.13.12.24.
julio@carriola.es.
A asociación cultural Almuinha organiza un encontro aberto na Biblioteca Municipal hoxe venres día 13 ás 20:00 horas para reflexionar sobre a historia e o futuro da nosa lingua.
A asociación cultural Almuinha organiza, hoxe venres ás oito da tarde na Biblioteca Municipal de Marín, a presentación do libro, da autoría de Carlos Callón, O libro negro da lingua galega, acto aberto a toda a veciñanza que dará comezo ás 20:00 horas e ofrecerá unha oportunidade única para reflexionar sobre o pasado, o presente e o futuro da nosa lingua.

Nesta obra, Carlos Callón fai un percorrido polos momentos máis difíciles da historia do galego, recollendo episodios de discriminación e persecución que axudan a comprender mellor a situación actual da nosa lingua. Callón, recoñecido activista e defensor do galego, compartirá co público as claves deste traballo, invitando á reflexión colectiva sobre a importancia de preservar e promover a nosa identidade lingüística.
Dende Almuinha, queremos convidar a todas as persoas a participar neste acto que busca ser un espazo de encontro e aprendizaxe. Vinde e sumádevos a este evento! Que non cho conten.