Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: A Sanidade

Carriola. JE.DR.22.12.24.

julio@carriola.es.

SANIDADE PRIVADA PARA "DOOMIES"

Por si alguén aínda tenta convencernos das marabillas da sanidade privada, vai un modus operandi. So unha pincelada. 

Envías unha queixa no portal web dunha aseguradora privada porque suben a póliza un +17% interanual. Os poucos minutos chama unha rapaza con acento migrante, e tenta por todos os medios convencerte de que a suba é normal porque os costes das novas tecnoloxías sanitarias son moi caros... Escoito todo o argumentario que lle facilitan, con moito respeto o seu traballo, e polo interese que vexo que pon coa súa procedencia e acento estranxeiro defendendo a multinacional española que lle paga. 

O rematar insisto en que paréceme unha suba abusiva, e que teño que darme de baixa. Entón a rapaza dime que ten unha posibilidade de reducir nun 8% a suba, e que ademais (e agora agarrádevos no asento) danme unha tarxeta regalo de 25 euros para gastar en Amazon. Non é brincadeira aínda que o pareza: o gran capital americano na ecuación da nosa saúde.  

Esta anécdota amosa outra vez o que se está facendo coa sanidade pública. O seu proceso privatizador no estado aínda está medrando desde cotas baixas, pero xa a este nivel asistimos a todo un rosario de actuacións dos prestadores do servicio.  

Non censuro o Partido Popular, xa que é o seu modelo ideolóxico de política-negocio basado no clásico "laissez faire" e o postmodernismo "sálvese quien pueda". Para min: capitalismo de amiguetes e portas xiratorias. Pero alo menos non engañan a ninguén. 

Pero, e o PSOE e Sumar?, mais alá de que a sanidade esté transferida as CCAA. Cómo estes partidos estando no goberno non levan adiante un cambio radical do proceso privatizador da sanidade?. Cómo é posible que non desenvolvan unha discusión política e comunicativa contra as CCAA que non defendan a sanidade publica. Non existe un servicio público onde se poda demostrar ser máis de esquerdas que no sistema sanitario. É difícil atopar algo máis progresista, máis interclasista, máis solidario e humanista que o modelo de sanidade pública universal, de calidade. Non podemos sorprendemos entón de que medre a ultradereita cando a propia esquerda fai políticas de dereitas coa sanidade. Decir "é a sanidade e a educación, estúpido" ata paréceme pueril para calquera que se adique á política. Amancio Ortega enténdeo millor que o PSOE-Sumar.

roslev