Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Elsa Quintas e Xosé Antonio Pazos comparten hoxe no Museo Torres coloquio sobre a Lingua Galega

Carriola.Almuinha. 21.02.25

julio@carriola.es

O salón de actos do Museo Torres acolle esta tarde,  ás 20:00 horas o coloquio titulado "O galego: unha lingua que vale para todo" unha conversa aberta que contará coa participación de Elsa Quintas, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, e Xosé Antonio Pazos, profesor do CEIP Sequelo. O acto està organizado pola asociación local Almuinha 

O evento, que se enmarca dentro das iniciativas de reflexión sobre o estado da nosa lingua, pretende afondar na súa situación actual, as perspectivas de futuro e a súa plena validez como idioma útil en todos os ámbitos da vida.

Este coloquio celébrase nun contexto de preocupación pola perda progresiva de falantes e pola situación crítica que revelan os últimos estudos sociolingüísticos. O galego segue a sufrir un retroceso en termos de uso social, especialmente entre as novas xeracións, grazas ás políticas do goberno da Xunta de Rueda. O obxectivo deste encontro é poñer enriba da mesa as realidades que afectan ao noso idioma, desmontar mitos sobre a súa falta de funcionalidade, reivindicar o seu valor como lingua de presente e de futuro e denunciar como a Xunta lexisla e goberna contra a nosa lingua.

Tendencia negativa

Nos últimos anos, os datos sobre o uso da lingua galega evidenciaron unha tendencia alarmante. Según os estudos máis recentes, a transmisión xeracional do galego está en perigo, especialmente nas contornas urbanas, onde o castelán gaña terreo de maneira significativa. Neste contexto, Elsa Quintas, vicepresidenta da Mesa pola normalización lingüística e unha das voces máis activas na defensa dos dereitos lingüísticos en Galiza, exporá as problemáticas estruturais que dificultan a normalización do galego e analizará as medidas necesarias para garantir o seu futuro. Pola súa parte, Xosé Antonio Pazos, docente do CEIP Sequelo e coñecedor da realidade lingüística no eido educativo, explicará como a situación do galego nas escolas reflicte os desafíos actuais, así como a necesidade de reforzar o seu uso no ensino para que as novas xeracións poidan desenvolver unha competencia real na lingua propia de Galicia.

Combater os perxuizos e reivindicar o valor do Galego

Ambos relatores coinciden na importancia de combater os prexuízos que aínda existen arredor do galego e reivindicar a súa validez para todos os ámbitos da sociedade. Desde o mundo laboral ata a tecnoloxía, pasando polo ensino, a ciencia e a administración, o galego é unha lingua perfectamente funcional e adaptada á realidade contemporánea.

Un dos puntos clave do coloquio será a reflexión sobre a viabilidade do galego como lingua de futuro. A globalización e o avance das novas tecnoloxías presentan tanto desafíos como oportunidades para o noso idioma. Nun mundo cada vez máis interconectado, o galego debe atopar o seu espazo sen complexos, apostando pola súa presenza no ámbito dixital e nos contornos profesionais.

Garantir o dereito a “vivir en galego”

A necesidade de garantir o dereito das persoas a vivir en galego será outro dos aspectos centrais do debate. Hoxe en día, moitas persoas atopan dificultades para utilizar a lingua propia en diversos contextos, desde a atención sanitaria ata a banca ou a xustiza. Asituación require un compromiso colectivo por parte das institucións, das empresas e da  sociedade en xeral para garantir que falar galego non supoña un obstáculo en ningún eido.

O evento está aberto ao público e pretende ser un espazo de diálogo e reflexión no que todas as persoas asistentes poidan participar e compartir as súas inquedanzas e propostas.

A entrada é libre ata completar aforo, e a organización convida a todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre a situación da lingua galega a achegarse e formar parte desta conversa necesaria.

O coloquio "O galego: unha lingua que vale para todo" pretende deixar unha mensaxe clara: a nosa lingua segue viva, é plenamente válida para calquera ámbito da vida e depende de nós garantir o seu futuro. A cita deste venres no Museo Manuel Torres será unha oportunidade para reivindicar o galego con orgullo e compromiso, porque unha lingua que vale para todo é unha lingua que merece seguir existindo.

Neste senso desde a AC Almuinha animamos á cidadanía a asistir á manifestación nacional en defensa da lingua, este domingo 23 en Compostela.

roslev