Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Santa Cecilia” redondea o seu programa de Entroido cunha charla histórica a cargo de Queta Molas e José Manuel Dopazo

Carriola.Redacción. 21.02.25

julio@carriola.es

O programa do Entroido de Marín contén sempre as actividades que organizan as diferentes asociacións e colectivos nunha coordinación do Concello que fai mellorar o desenrolo do noso Carnaval ao longo das datas en que se celebra. O Ateneo Santa Cecilia aporta a ese contido tres importantes colaboracións

O “Enterro da Sardiña” que é un acto de recoñecido prestixio non en van ten a categoría de “Interese Turístico de Galicia”, recoñecido pola Xunta o pasado ano, é un dos momentos culminantes na celebración do Entroido marinense e así leva máis de cen anos ainda que durante a Dictadura foi suspendido polas boas ou plas malas. Trátase dun “Enterro” xenuino, imitado, e moitas veces mal copiado, noutras poboacións onde se organiza tamén pero sen o contido histórico do marinense e cada ano atrase a máis persoas chegadas de todo o entorno consolidando unha etapa de recuperación claramente positiva, cousa que valorou a Xunta na decisión de outorgarlle a distinción antedita.

 

Pero o Ateneo aporta tamén outro acto moi tradicional como é o concurso de “Filloas e Orellas” que ten lugar nas súas instalacións cada martes de entroido coa a presentación de numerosas opcións de ambas as dúas modalidades gastronómicas e tamén a asistencia dos ”probadores” que non desaproveitan a ocasión de participar no festín posterior.

Charla histórica e cultural

Este ano, a programación do Ateneo Santa Cecilia engade un acto máis como é unha charla na que participará Queta Otero “Molas”, persoa que atesoura nesta vila unha importante documentación histórica de moitas facetas locais pero especialmente do Entroido marinense, por mérito propio pero tamén do seu pai Eduardo Otero “Molas” que foi un paladín do Carnaval marinense e doutras actividades culturais deste pobo.

Queta Molas estará acompañada na presentación por José Manuel Dopazo e o acto terá lugar no local da propia asociación ubicado na prolongación da Rúa do Forno.

roslev