Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Entroido marinense aglutina a colaboración de distintos colectivos co Concello nun intenso programa

Carriola.Redacción. 22.02.25

julio@carriola.es

O luns 24 dese mes, arrancará a programación do Entroido de Marín 2025 co a apertura dunha exposición fotográfica no local do Ateneo Santa cecilia que recolle imáxenes históricas e curiosas do carnaval marinense, mostra que permanecerá aberta ata o 14 de marzo e poderase visitar de luns a venres enre as 18 e as 20,30 horas.

A partir desa data irán sucedéndose os acontecementos  máis ou menos habituais da programación que coordina o Concello contando coa colaboración de diversas asociacións e colectivos no desenrolo do mesmo.

Julia Lago autora do cartel

A concelleira Marián Sanmartin e o tenente de alcalde Manuel Santos fixeron onte presentación do cartel anunciador do Entroido marinense, unha obra da ilustradora Julia Lago quen explicou que na súa obra xoga  coa estrutura da carriola na que aparecen os diferentes elementos  típicos do Entroido marinense rematando coa sardiña logo de refrexar as características do programa de actos a lo longo destes días de troula.

Programa completo

Sanmartín e Santos deron a coñecer o programa completo dos actos de carnaval que reproducimos na súa totalidade a continuación:

24 de febreiro (luns)

A partir das 18:00 h, o local do Ateneo Santa Cecilia acolle a Exposición fotográfica do Entroido, que estará aberta ao público ata o 14 de marzo (de luns a venres de

18:00 a 20:30 h).Nesta xornada tamén comezan as charlas sobre o Enterro da Sardiña nos Centros Educativos do municipio, organizadas polo Ateneo Santa Cecilia.

28 de febreiro (venres)

De 17:00 a 20:00 h, terá lugar o Entroido Solidario no Multiusos en conmemoración do Día Mundial das Enfermidades Raras, organizado pola Asociación No Estamos Solos.

Ás 20:00 h, a cidade poderá gozar dos Cantos de Taberna polos bares de Marín, unha actividade organizada polo Concello de Marín e Saljariteiros e

ás 20:30 h, conferencia de D. Manuel Dopazo sobre os Entroidos no Ateneo Santa Cecilia.

1 de marzo (sábado) 

A partir das 16:00 h, comeza a inscrición para o Desfile Infantil no Palco da Música da Alameda, cuxo percorrido dará comezo ás 16:30 h polas as rúas da cidade. O desfile rematará no Parque Eguren (só se celebrará se as condicións meteorolóxicas o permiten).

Ademais, de 17:00 a 19:00 h o Parque Eguren acollerá a Gran Festa Infantil con música, animación, obradoiros e filloas de balde, organizada polo Concello de Marín (no caso de choiva, trasládase ao Pavillón do IES Illa de Tambo).

2 de marzo (domingo)

Ás 12:30 h, animación das Comparsas de Marín polas rúas da vila. A partir das 16:00 h, concentración de participantes para o Desfile de Adultos na praza do Regueiro.

O gran desfile de disfraces e carrozas comezará ás 17:00 h, percorrendo varias rúas de Marín e rematando no Parque Eguren, onde se entregarán os premios (en caso de choiva, o evento será aplazado).

3 de marzo (luns)

Velorio do Enterro da Sardiña no Concello, organizado polo Ateneo Santa Cecilia e o Concello de Marín.

A partir das 12:00 h, festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area, organizada polos Amigos dos Rapaces e o Concello de Marín.

Ás 17:00 h, Festa infantil coa animación de DOLCEVITA na Lameiriña (tamén organizada polos Amigos dos Rapaces e o Concello de Marín).

De 17:00 a 21:00 h, tarde de Ludoxornadas no Museo.

4 de marzo (martes)

Ás 16:00 h, terá lugar o 1º Torneo de Chave Enterro da Sardiña nos Campos de Petanca Municipais da Bda. Virxe do Carme, organizado pola A.C.D. Gharaboto.

De 17:00 a 21:00 h, segunda xornada de Ludoxornadas no Museo e de 17:30 a 20:00 h, obradoiros e xogos infantís de Entroido na Alameda (trasladados ao Multiusos en caso de choiva).

Ás 20:00 h, no Ateneo Santa Cecilia, terá lugar a Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas, coas recepcións comezando ás 18:00 h.

5 de marzo (Mércores de Cinza)

Ás 18:00 h, velorio do Enterro da Sardiña no Palco da Música, con reparto de viño e pan de millo.

Ás 20:00 h, saída do Enterro da Sardiña, que percorrerá varias rúas da vila ata chegar á Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón e a despedida do mar.

8 de marzo (sábado) 

Ás 16:30 h, animación da Charanga Noroeste en Seixo e a partir das 17:00 h, Desfile de Entroido pola parroquia, homenaxeando á Burra Chirica, con lambonadas para a rapazada e sesión de música e baile. Organizan o Grupo Cultural Ronsel e o Concello de Marín.

23 de marzo (domingo) 

Ás 17:00 h, terá lugar o Desfile de Entroido de San Xulián, organizado pola Comparsa Os da Caña

roslev