Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O GALP inicia hoxe en Marín a ronda de xornadas informativas para presentar a nova convocatoria de axudas

Carriola.GALP. 25.02.25

julio@carriola.es

O GALP Ría de Pontevedra organiza unha serie de xornadas informativas para presentar a nova convocatoria de axudas 2025, destinada a impulsar a aquelas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento sostible da ría, nos municipios da súa área de influencia (Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Meaño).

Os encontros, dirixidos ao tecido empresarial, asociacións, entidades do sector pesqueiro e público en xeral, servirán para dar a coñecer as bases da convocatoria (ORDE do 12 de febreiro de 2025), resolver dúbidas e prestar asesoramento para a redacción dos proxectos.

Hice será a primeira xornada en Marín e, o vernes, segunda en Poio

A primeira das xornadas celebrarase en Marín, este xoves, 27 de febreiro, ás 19:00 horas no Espazo Emprendedor. En Poio, o Casal de Ferreirós acollerá a sesión informativa o venres, 28 de febreiro, ás 19:00 horas, mentres que en Sanxenxo terá lugar o 3 de marzo ás 11:00 horas na Sala Nauta. O 5 de marzo, os encontros continuarán en Bueu, no Centro Social do Mar ás 11:00 horas, e en Meaño, na Casa da Cultura ás 17:30 horas. En Pontevedra, en colaboración con ABANCA - Mar, a xornada terá lugar na Sede Afundación o 6 de marzo ás 17:00 horas. Finalmente, e da man da Autoridade Portuaria, celebrarase a última xornada en Marín, dirixida particularmente ás empresas do porto, que se realizará no Auditorio do Edificio de Operacións Portuarias o 7 de marzo ás 11:00 horas.

Necesaria a inscrición previa

As persoas interesadas en participar destas sesións, totalmente gratuítas, deberán inscribirse previamente no formulario facilitado polo propio GALP .

O GALP xestiona máis dun millón e medio de euros en axudas para a convocatoria 2025, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 e ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 21 de marzo.

As entidades, administracións ou particulares que estean desenvolvendo un proxecto susceptible de encaixar na convocatoria de axudas poden poñerse en contacto co GALP a través do teléfono 886 213 015 ou do correo electrónico gacpontevedra@gmail.com.

 

roslev