Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cinco medallas para os remeiros do Club de Remo Ría de Marín no “Autonómico de Remo Indoor 2025”

Carriola.CR.RM. 07.03.25

julio@carriola.es

O pavillón polideportivo A Cachada de Boiro foi o escenario, este domingo, do espectacular Campionato Autonómico de Remo Indoor 2025. Preto de 500 deportistas participaron nesta proba, que se fai en terra mediante unha máquina que simula a acción de remar. Grupos de todas as idades, dende alevíns ata veteranos, participaron no multitudinario campionato  organizado pola Federación Galega de Remo e o Club de Remo Cabo de Cruz.

Os remeiros marinenses, cunha moi boa actuación en xeral,  conseguiron un total de 5 medallas nas categorías infantil, xuvenil, paraolímpico e veterano. A primeira medalla marinense foi para Xián Gutiérrez, que xa se proclamara campión galego na tempada pasada como cadete, e que repite ouro este ano xa como xuvenil. Despois viría un bronce para Niobe Barreiro, tamén xuvenil, que acadou un pelexadísimo bronce nunha final de infarto con diferencias mínimas entre as medallistas. Pola súa parte Paula Vázquez conseguiu unha mericidísima medalla de prata en categoría paralímpica, e Pilar Vázquez o bronce en categoría veterano.

Xa pola tarde chegaron as competicións por relevos, nas que catro remeiros se turnan para sumar metros no remo-ergómetro, nunha competición que destaca por ser moi animada e vistosa. Nesta modalidade os de Marín conseguiron dous bronces, un deles do equipo infantil formado por  Breogán Gutiérrez, Gorka Rivadulla,  Alejandro Estebanez, Carlos Dopazo, e o outro do equipo absoluto femenino formado por Carla Fuentes, Marta García, Niobe Barreiro e Saioa Iglesias.

Próximas saídas

Nas vindeiras semanas o Club de Remo Ría de Marín continuará coa súa participación nas regatas de liga de remo olímpico, que se celebran en Castrelo de Miño, e co Campionato de España de remo-ergómetro que este ano terá lugar en Zaragoza.

roslev