Carriola.J.C.F.(*) 07.03.25
Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, poñemos en marcha, a décimo sétima edición da Campaña Estrela.
A dinámica da campaña é moi sinxela. Polas compras efectuadas, os clientes recibirán unha tarxeta que contará con 3 recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro. Nestes recadros, cada establecemento selará por compras superiores a 10€ (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta cos tres selos de outros tantos establecementos e cos seus datos persoais, deberá depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo.

Nesta edición sortearanse 6 vales - compra por importe de 150 €, un cada mes, desde o mes de marzo e ata o mes de outubro (os meses de xullo e agosto non haberá sorteos), vales que se canxearán nos tres establecementos que selen a tarxeta premiada, a razón de 50€ en cada un.
Como novidade, este ano haberá 2 premios a maiores de 50€, que se sortearán entre aqueles clientes que nos contesten á enquisa que aparece na web e no QR do cartel e das tarxetas, onde se preguntará sobre o funcionamento da campaña coa finalidade de poder mellorala.

Xoiería Rosant anunciando a campaña
Ademais, os clientes deberán estar atentos ás RRSS de Estrela de Marín, xa que haberá sorteos extraordinarios vencellados coa campaña.
Nesta edición da campaña, participan máis de 130 establecementos de todos os sectores comerciais e de servizos da vila, que están identificados co cartel da campaña.
Esta acción de dinamización comercial, conta coa confinanciación da Xunta de Galicia.
(*) Yonathan Carreira Figueiras Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín