Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Ateneo Santa Cecilia” convoca a Asamblea Xeral Ordinaria coa presentación dos orzamentos para 2025

Carriola.Redacción. 11.03.25

julio@carriola.es

 Resultado:

Como cada ano por estas datas para cumprir co que marcan os Estatutos da entidade, a Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia que preside Celso Méndez Fraguas, convoca a Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar na data do 26 de marzo e na sede do propio Ateneo ubicada na Rúa do Forno 42- baixo.

A reunión está convocada para ás oito da tarde ainda que na previsión habitual de que non se forme o quorum preciso, ten unha segunda convocatoria para as 20,30 horas, na que se tratarán os seguintes asuntos:

1.-Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.

2.-Informe do Presidente.

3.-Balance económico e estado de contas.

4.-Orzamento exercicio 2025.

5.-Rogos e preguntas

É verdadeiramente importante a asistencia da maior cantidade de asociados posible dada a importnacia dos asuntos a tratar de cara ao futuro da entidade que é a primeira no eido cultural do noso municipio con máis de setenta anos de antigüedade que conta cun importante prestixio a nivel autonómico no en van contén dúas festas de Interés Turístico Galego como son a “Danza de Espadas” e o “Enterro da Sardiña”. entre outras moitas actividades artísticas que se celebran ao longo do ano.

roslev