Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Apoio da asociación Almuinha á manifestación “Por Terra e por Mar” do día 22 na Pobra do Caramiñal

Carriola.Almuinha. 20.03.25

julio@carriola.es

A Asociación Cultural Almuinha manifesta o seu apoio á convocatoria da manifestación "Por terra e por mar", que terá lugar o vindeiro venres 22 de marzo ás 12:00 h na Pobra do Caramiñal. Esta mobilización, convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e apoiada por diversas organizacións ecoloxistas e sociais, busca rexeitar a instalación do proxecto industrial de Altri e a explotación da mina de Touro - O Pino, que supoñen unha grave ameaza para o noso medio ambiente, os nosos recursos naturais e os sectores produtivos tradicionais da nosa terra.

Desde Almuinha consideramos que a implantación de Altri en Galicia é unha agresión directa ao noso territorio, xa que suporía un impacto irreversible sobre a ría de Arousa e os ecosistemas circundantes, afectando non só a biodiversidade, senón tamén á pesca, ao marisqueo e á calidade de vida das comunidades costeiras. A explotación de recursos naturais en beneficio de grandes corporacións, sen ter en conta os intereses da poboación local nin o impacto ambiental, é unha mostra máis do modelo económico depredador que rexeitamos.

Por este motivo, facemos un chamamento á cidadanía a sumarse a esta mobilización e defender activamente o noso mar e a nosa terra. A saída da manifestación será desde a estación de autobuses da Pobra do Caramiñal, e tamén se organizan autobuses desde Pontevedra, co fin de facilitar a participación.

O compromiso coa defensa do territorio e cun modelo sostible que respecte a nosa contorna natural e social é unha responsabilidade colectiva. Este 22 de marzo, enchémonos de dignidade e loitemos por un futuro sen megaproxectos destrutivos! 

Marín, 19 de marzo do 2025.

Asociación Cultural Almuinha.

roslev