Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Desde o BNG alertamos dos longos atrasos nas axudas a persoas dependentes en Marín

Carriola.Celia García Santomé(*). 20.05.25

julio@carriola.es

Na última sesión plenaria celebrada o 8 de maio, denunciamos a grave situación que están a vivir moitas persoas dependentes en Marín, que levan meses —e incluso anos— agardando pola axuda de dependencia que lles corresponde por dereito.

Recentemente saíu nos medios de comunicación o caso dunha veciña que leva máis dun ano e medio agardando por esta prestación, pero advertiu que non se trata dun feito illado, senón dunha realidade que afecta a numerosas familias na vila e en todo o país. A día de hoxe, a media de espera para facer unha valoración de dependencia supera os 400 días. Moitas persoas morren sen chegar a recibir a axuda que solicitaron. É unha situación inxusta e cruel.

Preguntamos ao goberno local se tiña constancia de máis casos pendentes e solicitamos acceso aos datos dos servizos sociais municipais para coñecer cantos expedientes foron resoltos, pero aínda seguen sen recibir a prestación. En caso de non dispoñer desta información, o BNG propón que se reclamen os datos directamente á Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galiza.

Mentres a Xunta destina millóns en propaganda, hai persoas en situación de vulnerabilidade que seguen sen resposta e, desde o Concello, temos a obriga de interesarnos por estas situacións e presionar para que se axilicen os trámites.

O BNG esixe ao goberno municipal que amosen compromiso real coas persoas dependentes e que actúen para defender os seus dereitos fronte aos incumprimentos da Xunta.

(*) Celia García Santomé é a Concelleira do BNG.

roslev