Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo organiza no Eguren un “Taller de paxareiras” para nenos a partir de 7 anos dirixido polo paisaxisa Xosé Souto

Carriola.Ateneo S.C. 19.06.25

julio@carriola.es

Ateneo Santa Cecilia continúa coa súa programación especial con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Despois do éxito da charla “O arte do paisaxismo. Historia e estilos ao longo do tempo”, impartida por Xosé Souto, preséntase unha nova iniciativa: o “Taller Paxareiras”, que terá lugar o vindeiro luns 23 de xuño, de 11:00 h a 12:30 h, no Parque Eguren.

A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 7 anos de idade. As prazas son limitadas (24) para garantir a calidade da experiencia e a inscrición é gratuíta, sendo o venres 20 de xuño a data límite para facelo.

Para anotarse, as persoas interesadas poden facelo a través de tres vías:

  • Teléfono/WhatsApp do Ateneo: 698 171 276
  • Correo electrónico: ateneosmarin@hotmail.com
  • Presencialmente: na nosa sede (Rúa do Forno nº 42, Baixo), de luns a venres, en horario de

18:00 h a 20:30 h.

Para formalizar a inscrición é necesario facilitar os seguintes datos: nome do neno/a, idade, nome do pai/nai/titor/a, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico

roslev