Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Tres bronces no Campionato de España para o remo marinense

Carriola.CR.RdM. 24.06.25

julio@carriola.es

Esta fin de semana  tivo lugar en Sevilla  o Campionato de España de Remo Olímpico para as categorías cadete, xuvenil e absoluto. Trátase  dun campionato cun altísimo nivel, con representación de 60 clubes de toda España e máis de 1000 deportistas, que este ano tiveron que competir cunha calor asfixiante cos termómetros nos 40ºC.

Para este campionato, o Club de Marín enviou  unha pequena delegación de catro remeiros, en tres tripulacións, na que todos acadaron o bronce. Os de Marín, nunhas moi boas regatas clasificatorias conseguiron pasar sen dificultade as finais.  A primeira hora da mañán do  domingo,

Paula García e Breogán Fariña, competindo na categoría de remo paralímpico, conseguiron subirse ao terceiro chanzo do podio nunha final trepidante na que se enfrontaban a embarcacións moi consolidadas, con experiencia en campionatos europeos e mundiais. Máis tarde na mañán,

Xián Gutiérrez e Níobe Barreiro, de xeito individual, conseguiron cadanseu bronce nas finais xuvenís masculina e feminina respectivamente. Estas medallas supoñen a confirmación do bo facer do club coas categorías base.

Convocatoria da selección española sub-19

A boa traxectoria do club marinense tamén tivo repercusión no equipo nacional xuvenil. Deste xeito,

Xián Gutiérrez, de 16 anos, foi convocado coa selección española sub-19, no que é o seu primeiro chamamento co equipo nacional. Xián, que xa se proclamou campión de España de remo indoor esta tempada e sumou hoxe un bronce en pista, intentará facerse cun sitio para o mundial sub-19 en Lituania.

Tamén o seu adestrador, Emilio Gutiérrez, ven de ser chamado para formar parte do corpo técnico da selección española sub-19. Emilio conta cunha ampla traxectoria no mundo do remo como deportista, con múltiples medallas a nivel nacional e internacional, e como  adestrador, con experiencia con equipos estadounidenses.

Curso de verán gratuito

Para todos aqueles interesados en probar o remo olímpico, o club ofrece un curso de verán gratuíto. Con prazas limitadas, está dirixido a nenos e nenas de 8 a 16 anos que saiban nadar e que estén empadroados en Marín ou concellos limítrofes.  Terá lugar do 4 ao 28 de agosto, de luns a xoves entre as 10:00 e as 12:30 h. As persoas interesadas poden inscribirse na dirección de correo: clubederemoriademarin@gmail.com

roslev