Carriola.Ateneo S.C. 25.06.25
julio@carriola.es
Dende o Ateneo Santa Cecilia queremos convidarvos á presentación, no marco da Libraría Nobel de Marín, do libro editado por Galaxia “Feixe de Flores para Galicia. Un programa humano, económico e ecolóxico”, impartida polo seu autor Xosé Luís Outes Ruso, que terá lugar este venres 27 de xuño ás 20:00 h na Libraría Nobel (Rúa Jaime Janer, 4).

Outes Ruso é Catedrático xubilado da Universidade de Vigo, onde impartiu docencia de Macroeconomía e Comercio Internacional. Creou e dirixiu o Observatorio Socioeconómico da Fundación Pro Vigo (OSEVA), do que foi director (1995-2010). Participou, entre outros, no Primeiro Plan Estratéxico de Vigo (1992) e no Plan Estratéxico da Provincia de Pontevedra (1998); deseñou o Observatorio Económico e Social para Galicia e o Norte de Portugal e dirixiu o proxecto, financiado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, sobre a “Estructura Productiva del Sector Privado de Vigo y su Área de Influencia” (publicado en 2001, 2003 e 2005).
Entre as súas publicacións poden citarse: “Desarrollo económico en la India y la R. P. China” (1982); “Introducción a la teoría del crecimiento económico” (1983), “La crisis del sector naval y sus repercusiones en Galicia” (1990), “Estructura del gasto y financiación en la Universidad de Vigo” (en colaboración, 1998).